sábado 10 de marzo de 2012

8 de marzo: Día da Clase Obreira Galega

Folla conxunta do Colectivo Marxista-Leninista FORXA! e de Comunistas da Galiza-PCPE con motivo do10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega.
A saída a crisis capitalista só pode vir dada polo triunfo da clase obreira e da súa revolución
A xustificación constante do goberno do Partido Popular con respecto á reforma laboral foi afirmar, de xeito hipócrita e vomitivo, que esta se fixera pensando nos cinco millóns de parados e paradas, tal é a catadura moral destes fieis e obedientes lacaios da oligarquía que como única arma política dispoñen da mentira e a manipulación, e para os cales os 6 millóns de parados, os estudantes e os obreiros organizados "son o inimigo" contra o cal só queda recorrer á represión para impedir a "helenización de España".
O pobo non pode ser enganado e debe entender que a natureza destas reformas e ataques antiobreiros responden a uns plans previamente trazados polos monopolios capitalistas, que gobernan as institucións da Unión Europea, así como pola propia natureza do capitalismo que se ve empuxado a destruír as súas propias forzas produtivas para remontar a súa crise.
As forzas reformistas pretenden capear o temporal e abrir un camiño de conciliación co sistema, sempre e cando este “suavice” as súas reformas. Os comunistas afirmamos que ese camiño é un suicidio político para a clase obreira que só conducirá a unha intensificación da ofensiva antiobreira e á continuidade dos plans capitalistas que levan ao pobo á miseria.
As políticas regresivas continuarán e se intensificarán de acordo aos plans trazados pola oligarquía, se estes non son contestados e freados. Tombar ao goberno da oligarquía mediante a mobilización continuada e a folga política deben situarse entre os obxectivos do pobo.
A realidade só poderá ser transformada mediante a loita continuada e prolongada da clase obreira, con máis unidade e con máis organización, coa loita nas fábricas, con folgas económicas e políticas como instrumentos de contrapoder fronte á patronal e á oligarquía.
Os defensores do sistema, os reformistas e os oportunistas, defenden a vía da humanización do sistema, a vía da democratización do capital financeiro e das súas institucións internacionais, non como alternativa para a clase obreira e os pobos, senón como melloramento da xestión da rendibilidade capitalista e continuación do réxime de explotación.
Os comunistas, hoxe, afirmamos que a saída da crise capitalista só pode vir dada polo triunfo da clase obreira e da súa revolución. A burguesía é xa incapaz de seguir gobernando a sociedade en función das súas condicións de existencia, non é capaz de dominar, porque “non é capaz de asegurar ao seu escravo a existencia, nin sequera dentro do marco da escravitude”
Non existe outro camiño para a clase obreira máis que o avance na dirección da substitución do poder burgués polo poder obreiro e popular, polo derrocamento do sistema capitalista, pola expropiación dos monopolios capitalistas e polo socialismo como único garante de futuro de paz e prosperidade para o conxunto da humanidade.
A construción do poder obreiro e popular camiña inseparabelmente ligado á construción do partido comunista único garante da organización da loita política revolucionaria do proletariado.
No horizonte da folga xeral do 29 de marzo as forzas comunistas facemos un chamamento á clase obreira e ao pobo para que se sumen á loita, para que reforcen as estruturas obreiras de oposición ás políticas capitalistas, para que reforcen e engrosen as filas das organizacións comunistas, únicas forzas capaces de conducir ao pobo cara á vitoria.
Fronte á explotación e á miseria do capitalismo
O SOCIALISMO É FUTURO!

martes 6 de marzo de 2012

8 DE MARZO

TRABALLADORAS CONSTRUINDO FRONTE OBREIRA E POPULAR



Non estamos diante dunha ola conservadora e de bárbaros patriarcais, asistimos a unha ofensiva do capitalismo para remontar a súa crise estructural e, para axudarlle fai aparición o seu patriarcal cooperador necesario de opresión.


As mulleres somos unha forza de traballo secundaria e desvalorizada. Encargouse dilo o patriarcado coa división sexual do traballo e benefíciase o capitalismo. O 15,2 % de nós, mulleres, recibe ingresos menores ou iguais ao salario mínimo interprofesional, o noso salario medio anual representa 78% do masculino, a porcentaxe de mulleres no total de asalariados con baixa remuneración é do 64,2% e a única razón de que a tasa de actividade feminina se elevara ata o 52,3% foi polo uso da nosa abaratada man de obra para presionar á baixa ao conxunto da clase obreira. Situada nos niveis máis baixos da clasificación profesional, en actividades marcadamente feminizadas e con piores condicións, acadamos xa unha tasa de paro do 23, 40%. Hoxe as políticas de axuste da oligarquía que impoñen recortes nos servicios públicos de educación, sanidade, axudas á maternidade, á dependencia, centros de terceira idade, etc. aféctannos de xeito especial ao ser nós quen aturamos a meirande parte dise traballo socialmente necesario.


Se a reforma do sistema público de pensións afastou do noso horizonte o acceso a unha pensión digna, ao facer imposible compatibilizar emprego, coidados e xubilación, as últimas medidas respecto ao mercado laboral debilitan aínda máis a posición das traballadoras, ao darse vía libre ao despedimento por acumular fallas de asistencia ao traballo, mesmo xustificadas.


A sobrexplotación, o traballo invisibilizado, gratuito, e a opresión, velaí todo canto poden ofrecernos. Se o binomio muller - pobreza segue a espallarse, se dentro do capitalismo o retroceso do patriarcado sempre foi unha formalidade estética, organicemos a única vía para enfrentar a crise capitalista que, lonxe de mareas violeta, está na loita por un proxecto revolucionario comprometido coa emancipación das mulleres.


Dentro do capitalismo non existe saída ás nosas demandas, só cabe explotación e opresión. A derrota do patriarcado, imprescindible, xunto coa superación do capitalismo, é a nosa única posibilidade. Nise camiño, a loita das mulleres pola súa emancipación terá que artellarse e buscar espacio propio, có conxunto da clase, nunha Fronte Obreira e Popular polo socialismo, que, nun proceso de acumulación de forzas, faga realidade a nosa única posibilidade efectiva de emancipación de clase e de xénero.

viernes 24 de febrero de 2012

CRÓNICA DO ACTO CONTRA A UE E A OTAN

Na tarde do xoves 23 de febreiro os Colectivos da Mocidade Comunista realizamos o acto que tiñamos previsto contra a UE e a OTAN, enmarcado dentro de campaña estatal "febreiro antiimperialista". Neste acto, expuxemos particularmente como a UE non é un proxecto dos pobos senón dos monopolios europeos, unha organización política de carácter imperialista creada para beneficiar ás oligarquías europeas, onde unhas exercen un papel dominante e outras un subordinado. Tamén repasamos algunhas das directrices emanadas dende a UE, como a directiva Bolkestein ou a Directiva da Vergoña (chamada "Directiva de Retorno") e as privatizacións de servizos públicos e posta a disposición da universidade pública ao servizo dos capitais (plan Bolonia e Estratexia Universidade 2015), políticas todas promovidas dende a UE. Sinalamos tamén o carácter reaccionario da UE, xa que como organización imperialista “tende á reacción", como dicía Lenin, e boa mostra diso é o anticomunismo da UE que aparece na condena a países socialistas como Cuba (a través da "posición común sobre Cuba") e a equiparación do nazi-fascismo e o comunismo. Con isto, pretendemos demostrar que as organizacións imperialistas como a UE e a OTAN non son reformables, senón organizacións a combater pola xuventude antiimperialista.

miércoles 22 de febrero de 2012

OS CJC E O PCPE EN DEFENSA DA EDUCACIÓN PÚBLICA E EN SOLIDARIEDADE CON QUEN ESTÁN A SUFRIR A REPRESIÓN POLICIAL

Á luz dos últimos episodios de loita protagonizados pola mocidade valenciana desde o mércores 15 de Febreiro, os Colectivos de Xóvenes Comunistas do País Valencià e o Partido Comunista dos Pobos de España queremos, ante todo, expresar a nosa solidariedade con todos os/os compañeiros/as detidos/as e agredidos/as, e nosa máis enérxica repulsa á represión exercida polo Estado e as súas forzas represivas.




Esiximos a inmediata dimisión da delegada do goberno por ser o responsable directo deste bárbaro episodio de violencia policial.




Todo o que está a ocorrer só se entende se somos conscientes que o capitalismo, inmerso nunha profunda crise estrutural, necesita, entre outras moitas cousas, privatizar a educación pública para buscar novos espazos de negocio desde os que tratar de remontar a súa descabalgada taxa de ganancia; só esta razón material explica a saña utilizada polos seus violentos cans uniformados. A Estratexia Universidade 2015 e o abandono consciente da educación pública valenciana enmárcanse claramente nesta política de deteriorar o público para despois "salvalo" privatizándoo.




Neste contexto sitúase a mobilización do IES Lluis Vives, ao unísono con moitas outras no resto do País Valencià. A única diferenza foi o valor e iniciativa demostrados pola mocidade deste instituto, que chegou a cortar en varias ocasións a céntrica rúa Xàtiva.




O corte desta arteria valenciana valeulle de pretexto a delegación de goberno e ao dispositivo policial alí despregado para cargar indiscriminadamente contra mozos, algúns deles/as con tan só 12 anos, realizando diversas detencións e agredindo de gravidade a varios deles/as. Esta actuación policial non é casualidade e responde á táctica estatal de provocar medo a todo aquel que se mobilice. Os CJC e o PCPE denunciamos a actuación policial dos últimos días contra os estudantes do IES Luís Vives e chamamos aos estudantes, profesores e a todos os traballadores e traballadoras a organizarse para facer fronte á crise capitalista que nos afoga e néganos o futuro. Tamén chamamos a denunciar en todos os ámbitos posibles a represión do Estado contra todos aqueles e aquelas que non calamos.




Hoxe máis que nunca, defender a educación pública máis que unha opción é unha necesidade. Os estudantes valencianos deron un paso adiante saíndo á rúa e organizándose. Ante isto, as forzas represoras ao servizo do capital non dubidaron en reprimir, emulando aos grises que cargaban á orde de Fraga, detendo a máis dunha decena de mozas. Ante isto, os mozos, estudantes, e o pobo en xeral deben continuar a loita organizada, confrontando coa represión, elemento inherente ao propio estado capitalista.




Os dereitos conquistados pola clase traballadora con loitas heroicas ao longo do S.XX están a ser destruídos e derrocados e a burguesía non deterá o seu ataque ao pobo ata que a clase obreira articule unha resposta organizada. Todo gañámolo loitan do e todo o perderemos se non loitamos! O capitalismo, é un cancro a extirpar, e na súa fase de decadencia non dubidará en usar toda a súa violencia para reprimir toda voz que se alce contra o sistema.




Os CJC e o PCPE do País Valencià esiximos:




- A retirada de cargos de todos os detidos nas diferentes cargas sucedidas en Valencia.




- A retirada do decreto precarizador da educación e a sanidade na Comunidade Valenciana así como o potenciamiento da sanidade e a educación pública eliminando concertos e cesións a mans privadas dos servizos públicos.




- A depuración dos corpos represores do estado, cheos de elementos fascistas que manteñen vivo o legado franquista no seu seo.




Ademais, propomos:




- Aos traballadores e traballadoras do centro de estudos, que se organicen ao redor dun Comité para a Unidade Obreira, no marco do proceso de formación dos mesmos que se están dando en todo o Estado.




- Ao estudantado que prosigan a loita, sen deixarse levar polo medo, pola provocación de "falsos amigos" que xogan a favor da represión do Estado. A loita, para ser eficaz, debe estar organizada. Por iso, propomos que continúen as asembleas como órgano máximo de representación democrática do estudantado durante a mobilización. Tamén advertimos que o problema que enfrontamos ten unha orixe clara na crise estrutural do capitalismo e a solución está na superación a través da loita deste sistema caduco.




- Continuar unha acumulación de forzas, onde as loitas estudantís estreiten cada vez máis lazos coas dos traballadores e traballadoras e conflúan na reivindicación da Folga Xeral, como instrumento de loita da clase traballadora.

HAI FUTURO PARA A MOCIDADE, E CONSTRÚESE LOITANDO!CAPITALISMO UN CANCRO A EXTIRPAR MÁIS QUE UNHA OPCION, UNHA NECESIDADE!AGORA MÁIS QUE NUNCA, COS CJC E O PCPE ORGANIZARSE E VENCER!

viernes 10 de febrero de 2012

Acto antiimperialista en Santiago de Compostela

O próximo xoves 23 de febreiro os Colectivos da Mocidade Comunista realizaremos unha palestra-debate sobre o Antiimperialismo, a Unión Europea e a OTAN. Este acto enmárcase dentro da campaña antiimperialista que os Colectivos de Jóvenes Comunistas estamos a levar en todo o estado durante o mes de febreiro. Con el, pretendemos mostrar que estruturas como a UE e a OTAN non teñen por obxectivo a "paz mundial", a "unión cultural de distintos pobos", etc., tal como se presenta dende o punto de vista das clases dominantes, senón que son estruturas imperialistas para oprimir aos pobos e escravizalos. Tamén cremos que o posicionamento sobre este punto é fundamental para trazar unha liña de demarcación entre o campo revolucionario e o campo reformista, xa que este último fala de "cambiar substancialmente a actual Política Exterior e de Veciñanza da UE" e non da necesidade da súa disolución e saída inmediata do Estado Español desa estrutura imperialista.





Xoves 23 de febreiro ás 20:00 horas na aula 01 da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela,
Contra a UE e a OTAN!!

lunes 30 de enero de 2012

A PRACIDA MORTE DUN CANALLA

O domingo 15 de febreiro morreu pracidamente na súa casa Manuel Fraga Iribarne, presidente-fundador do Partido Popular, ministro durante a ditadura militar franquista e piar fundamental da estratexia de dominación da oligarquía sobre a clase obreira e os pobos de España ata a súa morte.

Por parte do estado burgués e todos os medios de comunicación ao seu servizo, a figura de Manuel Fraga foi vendida como a dun "demócrata”. A súa participación na redacción da Constitución do 78 é o feito no que fundamentan esta afirmación. Para os e as comunistas que sempre dixemos NON á Constitución do 78 por burguesa e monárquica, este feito non hai máis que certificarnos a continuidade entre ambolos dous réximes burgueses.

E é que Fraga foi unha das persoas que fixeron posible a transición do réxime franquista militar ao réxime parlamentario, da ditadura terrorista da burguesía á ditadura parlamentaria da burguesía.
A figura de Fraga evidencia a continuidade de poderes entre unha forma de goberno burgués e outra, demostra a farsa da transición e sinala á clase obreira e os sectores populares que a loita debe ir máis alá de alcanzar unha cota de participación no parlamento burgués, pois sempre debe marcarse o obxectivo de destruír o poder burgués e proclamar o poder da clase obreira.

Precisamente o actual goberno de España é exercido polo partido que fundou Manuel Fraga, o Partido Popular, que está a aplicar con dureza unha ampla batería de medidas que destrúen gran parte dos dereitos laborais e sociais alcanzados mediante a loita organizada da clase obreira, a xuventude e os sectores populares durante os anos de chumbo da Transición nos que Manuel Fraga foi Vicepresidente do Goberno e Ministro de Gobernación.

É necesario coñecer realmente a figura de Fraga para destripar a actual democracia burguesa, que coroa como "demócrata" e defensor da súa constitución a este canalla, precisamente porque profesa os seus mesmos principios.

Julián Grimau García: patriota e comunista ao servizo do pobo.

Manuel Fraga desempeña un papel fundamental na condena e posterior asasinato de Grimau, xa que como Ministro de Información declara no primeiro momento que as torturas e o posterior intento de asasinato tras a detención de Grimau (ao ser botado pola Brigada Político Social dende o segundo piso do edificio onde estaba custodiado) non se corresponden co exquisito trato que recibe en dependencias policiais, resultando que as graves lesións son produto de que o propio Grimau se empolicou a unha cadeira, abriu a ventá e se botou por ela de forma "inexplicable" e por vontade propia.O xoves 18 de abril de 1963, Julián Grimau é condenado a morte por un tribunal militar e dous días despois, o 20 de abril é asasinado por un pelotón de fusilamento. Dirixente do Partido Comunista de España no interior, Julián Grimau García foi o ultimo antifascista condenado a morte por delito de rebelión militar, 24 anos despois de finalizar a Guerra Nacional Revolucionaria.

Enrique Ruano, estudante antifranquista.

O 17 de xaneiro de 1969 é detido en Madrid o estudante de dereito Enrique Ruano por lanzar propaganda política na rúa e posteriormente é conducido a comisaría. Tres días despois é asasinado ao ser botado dende o sétimo piso dun edificio por torturadores da Brigada Político Social.
Manuel Fraga dende o seu posto de Ministro de Información crea unha montaxe coa colaboración do diario ABC, dirixido naquel momento por Torcuato Luca de Tena, onde presentan un suposto diario de Enrique Ruano no que se expresaban ideas suicidas e que foi publicado para avalar a teoría dun suicidio en lugar dun asasinato político.

3 de marzo de 1976. A clase obreira nin esquece nin perdoa.

O 3 de marzo de 1976, a policía armada asasina cinco traballadores no marco dunha serie de mobilizacións obreiras en Vitoria-Gasteiz. Manuel Fraga encontrábase neses tempos á fronte do Ministerio de Gobernación e controlaba directamente as Forzas de Orde Pública que dispararon sobre os traballadores, matando a cinco deles e ferindo indiscriminadamente centos.

Os heroes daquela tráxica xornada son os seguintes:

Pedro María Martínez Ocio, traballador de Forxas Alavesas, asasinado aos 27 anos de idade.


Francisco Aznar Clemente, panadeiro e estudante, asasinado aos 17 anos de idade.


Romualdo Barroso Chaparro, traballador de Agrator, asasinado aos 19 anos de idade.


José Castillo, traballador de Basa-Grupo Arregui, asasinado aos 32 anos de idade.


Benvido Pereda, traballador de Grupos Diferenciais, asasinado aos 30 anos de idade.

Pouco tempo despois pronuncia a célebre frase “a rúa é miña”, en referencia á prohibición de que as organizacións obreiras se mobilicen durante o 1º de Maio de 1976.

A impunidade coa que morreu Manuel Fraga contrasta coa indignidade dos miles de republicanos asasinados durante a guerra polo franquismo do que Fraga formou parte en anos posteriores. Contrasta coa represión que sufriu a clase obreira e os sectores populares durante a ditadura e a transición. E contrasta tamén co papel xogado por Fraga unha vez morto o ditador, valedor do papel que os seus herdeiros políticos xogan hoxe en día cando xestionan os resortes da ditadura do capital.

Manuel Fraga Iribarne, á fin e ao cabo foi un obediente e servizal alto cargo da ditadura, descendente directo daquela España que un redactor do xornal comunista Mundo Obreiro definía en xullo de 1936 como a dos eternos salvadores de España que non fixeron outra cousa que asfixiala; os caciques, os terratenentes, os curas máis reaccionarios e os militares golpistas e oportunistas... cando nos deixaran respirar en paz?

Para o PCPE e os CJC, a morte de Fraga non é motivo de satisfacción. Este canalla morreu pracidamente sen ser xulgado, non podemos estar contentos. Este é un momento para quitar a careta á democracia burguesa, deixando en evidencia a súa conivencia cos fascistas que gobernaron o noso país durante 40 anos.


PCPE

CJC

RACHEMOS COA DIRIXENCIA SINDICAL TRAIDORA

O día 25 de xaneiro a dirixencia sindical traidora, de CCOO e UXT volveu asinar un acordo lesivo para a clase traballadora. Nesta ocasión un acordo sobre subidas salariais que se sitúa no 0,5% cando o IPC do ano 2010 foi do 2,4% e cunha cláusula de descolgue co que é posible que non se chegue aplicar realmente nin sequera ese 0,5%.

Desde o PCPE levamos tempo advertindo que da crise estrutural do Capitalismo non hai saída favorable á clase obreira que non sexa a de enviar ao vertedoiro da historia o sistema de explotación capitalista. Así como que a única saída é a organización e a loita das clases traballadoras na perspectiva do Socialismo. Esta nova volta de porca non fai máis que demostrar a nosa análise.

E é que á burguesía e aos seus sucesivos gobernos non lles preocupan as cinco millóns catrocentas mil persoas sen emprego, non lles preocupa a perda constante de poder adquisitivo do pobo traballador, non lles preocupa que algunha persoa poida atoparse na rúa porque o banco lle roubóu a súa vivenda, non lles preocupa que unha persoa poida non ser atendida nun centro sanitario, non lles preocupa o alto grao de analfabetismo funcional nin o avultado fracaso escolar dos fillos e fillas da clase traballadora, en definitiva non lles preocupa o máis mínimo a miseria á que a grandes zancadas se nos vai levando por que son conscientes de que só así poderán remontar a súa crise. Non debemos esquecer que a burguesía si ten conciencia de clase e está perfectamente organizada.

En cambio, a clase traballadora, que durante décadas de loitas organizadas desde o sindicalismo de clase acadara importantes conquistas sociais ve agora como as súas organizacións viran estériles para a loita, cando non cómplices dos retrocesos.

Isto é debido en grande medida á influencia da ideoloxía burguesa no seo das organizacións obreiras, que introduciu xa hai demasiado tempo o concepto de Pacto Social e de corresponsabilidade ante a crise. Pero tamén á traizón de toda unha capa de dirixentes que, acomodados nas estruturas de dirección sindicais actúan desligados dos intereses da clase á que din representar.

Só temos que observar o pouco que tardamos, tras as eleccións, en ver como de novo as estruturas confederais de CCOO e UXT acordaron un novo paso atrás nas condicións de vida e de traballo, mentres seguen tendendo a man ao novo goberno para entrar nun novo proceso de concertación social que baixo o paraugas de “polo emprego” todos sabemos o que significará: máis paro e máis salarios de miseria.

Todo este escenario lévanos a un calexón sen saída, onde a cada renuncia sindical lle sucede unha nova esixencia patronal e un novo descontento entre os traballadores e traballadoras que miran cada vez con máis receo a todas as organizacións sindicais. Provocando con iso unha enorme dificultade de organización e de loita.

Pero hai un camiño para loitar contra as medidas lesivas impostas polos gobernos da burguesía en conivencia cos dirixentes sindicais traidores. O PCPE chama ao conxunto de delegados e delegadas sindicais, a toda a afiliación de todos os sindicatos e aos traballadores e traballadoras en xeral á insubmisión a estes acordos. Chamamos a organizar Comités para a Unidade Obreira (CUO), estruturas asemblearias de base a niveis de empresa e territoriais sen importar a afiliación sindical de cada quen, e que teñan como obxectivo erguer unha mobilización sostida co horizonte da Folga Xeral.

SE ELES ASINAN RETROCESOS E PAZ SOCIAL
RESPOSTEMOS CON UNIDADE E LOITA DE CLASES


Comité Executivo do PCPE