Únete á Xuventude Comunista


Para defender os nosos dereitos e intereses en calquera reivindicación xusta, por mínima que esta sexa, é necesario organizarse colectivamente sobre a base duns principios, a unhas ideas que materialicemos consecuentemente en loitas concretas que nos sirvan para avanzar día a día cara aos nosos obxectivos.

A cada tipo de loita correspóndelle un método de organización. As e os xóvenes que militamos nos CMC facémolo comprometidos coa construción dunha sociedade máis xusta, máis humana que só concibimos no socialismo.

Esta loita consiste hoxe en plantar batalla ao capitalismo español en tódalas formas que se presenta. Algunhas son:
  • a mercantilización e privatización da educación
  • a precarización do traballo
  • a especulación urbanística e a imposibilidade do acceso a unha vivenda
  • a esencia alienante e insulsa en que se nos presenta a cultura e o ocio
  • a participación na UE e a súa política imperialista
  • a discriminación de xénero cara ás nosas compañeiras
  • a negación do dereito democrático á autodeterminación dos pobos
  • o brutal monopolio mediático que nos converte en xóvenes desinformados e enganados

A nosa loita é pola transformación revolucionaria da sociedade e nela caben moitas loitas. Por iso organizámonos sobre a base dos principios do centralismo democrático, armámonos das ferramentas de análise que achegaron á humanidade Marx, Engels, Lenin e outros tantos revolucionarios consecuentes como o Che, ao tempo que recollemos a tradición de loita republicana e antifascista dos pobos de España.

Podes poñerte en contacto con nosotr@s no correo electrónico: cmc-galiza@cjc.es

Organízate nos CMC, constrúe revolución!