Dende os Colectivos da Mocidade Comunista
temos claro que a loita contra as sucesivas reformas educativas non dará os
seus froitos se non é entroncándose nunha loita xeral contra o sistema que as
orixina. Para construir unha verdadeira educación ó servizo de estudantes e
traballadores, deberemos rachar co capitalismo, que por a nosa educación nas mans
dos empresarios para que sirva ós seus beneficios. Por iso, convidámoste a
compartir connosco esta xornada de análise e debate sobre qué modelo
educativo esiximos os fillos e fillas da
clase traballadora. Na última semana de Novembro organizaremos estas palestras
en varias cidades de Galiza, co fin de dar a coñecer o analise dos CJC sobre a
educación no marco da actual época capitalista e máis presentar a nosa proposta
revolucionaria dun modelo de educación para a sociedade socialista.
Ademáis, haberá a venta diversos materiais,
entre eles unha edición en galego das teses da I Conferencia de Estudantes dos
CJC.