martes, 25 de marzo de 2014

[Compostela] Axitación de cara a folga estudiantil

Os CMC en Santiago fixemos axitación en varios institutos de Santiago de cara a folga do próximo día 27. Reparto de octavillas, carteis e pintadas chaman á loita á mocidade estudiantil.

A loita estudiantil intensifícase cada vez máis conforme o fan as agresións do capitalismo contra os fillos e fillas dos traballadores. Os grandes empresarios e banqueiros, a través do seu goberno títere, neste caso o do Partido Popular, que igual que o anterior goberno do PSOE, destrúen a educación pública.
Tras cada xornada de loita, como foi a folga xeral educativa do 24 de outubro de 2013, seguen roubando dereitos aos fillos e fillas dos traballadores porque non temos forma de pararlles; non temos forma de manter unha movilización sostida nas rúas e nos centros de estudo, porque somos capaces dun día puntual mobilizarnos e gañar esa xornada de folga, pero non de soster un pulso prolongado mediante o cal, os estudantes de extracción obreira e popular, os fillos dos currantes, sexamos os que garantamos que as nosas reivindicacións cúmprense e forcemos ao goberno a ceder nas súas pretensións. Porque en definitiva non temos o noso propio sindicato estudiantil.
Ante as agresións que sufrimos habemos de seguir loitando; a LOMCE aínda segue aí, as taxas seguen subindo, as becas seguen baixando e o nosos institutos cáense a cachos. Por todo iso o 26 e 27 de marzo hemos ir á folga e, o máis importante, hemos de converter a nosa loita en organización, organizando ao estudiantado en cada instituto ou universidade,non para loitar sos, si non para máis adiante, crear entre todos o noso propio sindicato a nivel estatal co que golpeemos ao capitalismo como un puño de ferro e logremos avanzar cara á educación que queremos, gratuita e popular
O Sindicato de Estudantes non é a ferramenta válida para os estudantes, pero temos que aproveitarnos das súas convocatorias. Dende os Colectivos da Mocidade Comunista, animámosvos a que creedes vosas propias asociacións nos vosos institutos e universidades e a crear un verdadeiro sindicato estudiantil estatal, defensor dos intereses dos fillos e fillas de traballadores e que funcione de forma democrática e transparente, controlado de abaixo a arriba.
Chamámosvos tamén a unirvos aos CMC, organización revolucionaria da mocidade traballadora, para loitar contra o capitalismo non só nos centros de estudo, se non en todos os ámbitos desta sociedade en que os traballadores e os seus fillos e fillas somos golpeados. E finalmente chamámosvos a que o 26 e 27 de marzo vaiades á folga nos vosos centros de estudos, organicedes piquetes e deixedes pegada creando organizacións estudiantís.

O 27 de marzo todos á folga!
Cara ao SINDICATO ESTUDIANTIL ESTATAL!
Reforzade as filas da revolución, unídevos aos Colectivos da Mocidade Comunista!