Sobre
a folga do 11 de outubro.
Na situación actual, de crise
estrutural do capitalismo, os empresarios están a privatizar a
educación, a facela cada vez de peor calidade e máis cara e
elitista. So buscan facer ganancia a calquera prezo, introducir o seu
capital en todos os mercados posibles, isto o único que vai traer e
máis dificultades para que os fillos dos traballadores poidamos
estudar e que os empresarios enchan os seus petos a nosa conta.
Desde CMC sempre apostamos pola
unidade sindical, tanto no movemento obreiro como no estudantil, por
iso apoiamos a convocatoria de folga do 11 de outubro. Esta folga
debe converterse nun precedente de como debe articularse o movemento
estudantil no Estado Español, buscando sempre a resposta unitaria en
todo o estado, xa que, as medidas que nos impoñen os oligarcas
aféctannos tanto os galegos como os leoneses. Hai que rachar co
chauvinismo e orientar as loitas sempre baixo a bandeira do
internacionalismo, sempre apoiando e articulando a loita xunto todos
os traballadores contra os capitalistas. Sempre apoiando a loita
doutras nacións oprimidas como a nosa.
Os membros de CMC en Santiago as
oito e cuarto da maña quedamos diante da facultade de historia e alí
xunto a máis xente que foi chegando comezamos a organizar como
debían repartirse os piquetes para facer exitosa a folga. Estivemos
hasta as nove na porta de historia, apenas viu ningún alumno a
clase, os que viñeron foron avisados de que hoxe era un día de
loita e non para vir a facultade. A continuación marchamos a axudar
os piquetes das universidades do Campus Sur, alí unímonos a un
piquete grande que foi facultade por facultade, clase por clase
avisando da folga. Por cada aula que pasabamos o piquete ía
facéndose máis grande.
As doce fomos a manifestación
en bloque, portando bandeiras da organización. Durante todo o
recorrido cantáronse consignas de alto contido político contra o
capitalismo, na defensa da educación artística e pola liberación
dos presos políticos así como consignas contra os recortes na
educación. O final da manifestación despois de soar o himno galego
procedemos a entoar a Internacional Comunista de forma simbólica.
¡A
XUNVENTUDE PLANTA CARA O CAPITAL, OU ELES OU NOS!
¡LOITA
OBREIRA E ESTUDIANTIL POLO SOCIALISMO!