ADIANTE COA MOCIDADE COMUNISTA!
miércoles, 29 de agosto de 2012
COMEZA A ACTIVIDADE DOS COLECTIVOS DA MOCIDADE COMUNISTA EN FERROL
Se por algo se caracteriza Ferrol é por ser unha das cidades galegas (xunto con Vigo) con maior tradición de loita obreira. Nos estaleiros e demais industria da zona organizaríanse moitos dos primeiros traballadores galegos con conciencia de clase, tanto en estruturas sindicais como en partidos obreiros, para a través da loita garantirse a conquista dos seus dereitos. Moitos deles comunistas exemplares que, como Segundo Vilaboy, deixaron a vida nas fauces do fascismo defendendo o dereito ó traballo fronte ó capital. Xornadas de loitas colectivas que, como a histórica que fai do 10 de Marzo o día do proletariado galego, deixaron a súa pegada na memoria colectiva da bisbarra.
Actualmente, no contexto de crise estrutural do capitalismo e ante a continua agresión ós dereitos da clase traballadora, cada vez é meirande a mocidade que sinte a necesidade de organizarse colectivamente para, de novo, plantar cara ó capital e loitar pola abolición da explotación do home polo home.
Para esta tarefa, a mocidade comunista de Ferrol da un paso adiante na súa organización, e comeza a realizar actividades de axitación e propaganda, participación organizada nas distintas manifestacións da bisbarra, así como de formación colectiva en base a textos de Marx, Engels, Lenin… convencidos de que aínda nos queda moito por percorrer pero que a nosa causa é xusta e paga a pena loitar por ela.
ADIANTE COA MOCIDADE COMUNISTA!
ADIANTE COA MOCIDADE COMUNISTA!