sábado, 26 de noviembre de 2011

RESOLUCIÓN DOS RESULTADOS SOBRE AS ELECCIÓNS XERAIS DO 20N

Valoración xeral dos resultados. A oligarquía ten un goberno de refresco, que se agotará en breve tempo

A vitoria do PP nas pasadas eleccións resolve o obxectivo principal da oligarquía nesta pasada convocatoria electoral: dotarse dun goberno de refresco que poida abordar, en mellores condicións, a xestión das políticas de axuste que as clases dominantes necesitan aplicar para tratar de remontar a crise capitalista estrutural. Non pasaron vinte e catro horas e xa, desde os poderes financeiros internacionais e desde o centro político da UE, está a requirirse ao novo xestor dos intereses oligárquicos unha definición clara e concreta sobre as medidas de axuste que aplicará con rapidez, unha vez tomada posesión do cargo.


O desastre do PSOE é unha consecuencia do uso que a oligarquía, nestes anos, fixo dunha das súas variantes políticas, até esgotala na primeira fase de xestión da crise estrutural, e pasar sen máis a colocar a un novo instrumento máis adecuado para a defensa dos seus intereses nestes momentos. A derrota da socialdemocracia non é a derrota de ningunha clase social, é tan só o esgotamento dun instrumento, que agora pasará por un proceso de reconversión para tratar de prepararse para outra posterior etapa de xestión do capitalismo, se as actuais clases dominantes conseguisen manter a súa hexemonía na próxima fase, que se caracterizará por unha agudización da loita de clases e o ascenso das loitas obreiras e populares.


O reformismo de EU/ICV, e outras opcións das burguesías periféricas, benefícianse do retroceso da socialdemocracia, e gañan unha mellor presenza parlamentaria. Esta maior presenza do reformismo no Parlamento traducirase nun novo deslizamiento cara a posicións de maior moderación política, e maiores compromisos coa oligarquía, colaborando a manter o descontento das masas traballadoras dentro dos límites da formalidade democrático- burguesa. Os programas electorais de todas estas formacións políticas, aceptando a Constitución do 78, a UE e o euro, caben -sen maior conflito-, dentro do marco de dominación da oligarquía.


O significativo resultado de Amaiur nestas eleccións dá canle de expresión a unha parte da base social do nacionalismo vasco tantas veces reprimida; e introduce no novo Parlamento a cuestión da loita polos dereitos nacionais en claves diferentes ás até agora existentes. Con todo, a propia articulación e o programa de Amaiur establecen marcos políticos abertos, de tal maneira que o seu grupo parlamentario parece que non se vinculará en exclusiva os intereses da base obreira e popular de Euskal Herria, senón tamén a outros sectores sociais.


Confórmase así un Parlamento sen presenza do movemento obreiro, sen representación da opción revolucionaria, e composto pola representación xenuína das clases dominantes deste país, acompañada por un sector reformista comprometido coas políticas de estado e incapaz de impulsar as posicións de loita de clases nesta institución.


A oligarquía non pode ignorar que a profundidade da crise estrutural do capitalismo español, e o predicible ascenso da loita da clase obreira, darán escaso respiro ao novo goberno, que, en pouco tempo, atoparase cun claro esgotamento da súa xa inicialmente débil credibilidade. As políticas de axuste, que con urxencia se aplicarán, levantarán unha vaga de loita popular que liquidará en breve tempo a capacidade de manobra do goberno recentemente elixido.


Balance electoral do PCPE. As artimañas dos aparellos do estado non impiden o avance da nosa proposta


O traballo electoral do PCPE estivo marcado polo desenvolvemento organizativo e político do Partido nos últimos anos, e pola restritiva normativa electoral imposta desde o Parlamento.


Fronte ás novas artimañas do poder burgués o PCPE lanzou unha ofensiva de iniciativa política que dinamizou a toda a organización, e que nos permitiu formar listas no 80% do censo do país.


Os aparellos do estado tiveron que recorrer a todo tipo de manobras e trampas para tratar de impedir a nosa presenza nestas eleccións. Un total de seis candidaturas tiveron que ser pelexadas nas instancias xudiciais. Tres gañáronse no Contencioso (A Coruña, Zaragoza e Xirona), dúas gañáronse no Constitucional (Madrid e Cidade Real) e a candidatura de Barcelona tivo que ser obxecto dunha auténtica fraude electoral para conseguir impedir a nosa presenza nesa circunscrición.


No caso de Barcelona demos unha dura batalla, chegando dúas veces ao Tribunal Constitucional, e denunciando en todas as instancias posibles as trampas realizadas para impedir a nosa concorrencia electoral. A Oficina Provincial do Censo anulou centos de firmas totalmente correctas e ben documentadas, nunha actuación claramente fraudulenta. Persoas próximas ao Partido, que achegaran a súa firma cumprindo todas as formalidades, foron tachadas das listas de avais coma se non estivesen censadas en Barcelona. O Partido recorrerá ao Tribunal de Estrasburgo para non renunciar ao último cartucho legal que nos queda para tratar de demostrar esta fraude electoral en instancia xudicial.


Esta actuación dos aparellos do estado está directamente relacionada coa celebración do xuízo contra o noso tres camaradas o próximo día 1 de decembro en Barcelona. Trátase de quitarnos -inutilmente- calquera base social de apoio nesta batalla do Partido contra esta montaxe policial.


O traballo electoral do Partido estivo caracterizado pola iniciativa política, un amplo traballo de rúa, directamente coa clase obreira, avanzando na claridade e a homoxeneidade do discurso. Un estilo de traballo, afastado de calquera posición electoralista, que caracteriza cada día -dunha maneira máis nítida- a toda a militancia do PCPE.


O resultado en número absoluto de votos é lixeiramente superior aos resultados do ano 2008. Pero esta cifra non expresa o real crecemento electoral do PCPE. Realizando unha comparativa cos resultados daquelas provincias nas que o Partido concorreu tanto en 2008 e como en 2011, obtense que se multiplicou por dous o resultado en votos nestas circunscricións. Proxectando esta tendencia a todo o estado, se non se tivese aplicado a nova reforma da lei electoral, o resultado estimado de votos nestas eleccións sería de preto de cincuenta mil. Certamente que as novas normas restritivas tiñan como obxectivo impedir que esta realidade se expresase. Engádese a iso o cerco mediático que padeceu o noso Partido, e que contrasta claramente co amplo eco que en determinados medios tiveron outras candidaturas extraparlamentarias.


O balance por tanto é claramente positivo, polo traballo realizado directamente coa clase obreira e por unha tendencia ao crecemento do voto comunista que, aínda que contida pola normativa electoral, é expresión dun incipiente proceso de toma de conciencia en sectores da clase obreira sobre o que o Partido seguirá traballando no futuro.


As condicións da loita de clases despois das eleccións. Organizar a loita do pobo, lanzar ás masas obreiras contra as políticas de axuste do goberno e a UE.


Nestas condicións o PCPE aborda a próxima etapa da loita de clases no noso país.


O eixo central que orientará a nosa loita política será a organización da loita de masas contra as políticas de axuste do novo goberno, que irán na liña do xa anunciado nestas horas polo goberno de CiU en Catalunya, privatizacións, copago sanitario e baixada de salarios.


O programa desas loitas está recollido de maneira sintética no programa electoral presentado polo Partido nestas eleccións. En torno ao mesmo hai que articular a política de alianzas na Frente Obreira e Popular.


Na organización directa do movemento obreiro hai que facer avanzar os Comités de Unidade Obreira como a mellor organización da unidade de clase fronte á paralizante situación de fraccionamiento sindical e ás prácticas subsidiarias do pacto social.


A defensa de todas as conquistas da clase obreira, sen renuncias de ningún tipo. A defensa de todo o público fronte ás medidas privatizadoras. A loita pola nacionalización da banca, pola saída da UE e do euro, son eixos centrais do programa inmediato. A folga xeral é a nosa ferramenta de loita máis potente, e debémonos preparar para utilizala cantas veces faga falta.


A loita contra a guerra imperialista, polo peche das bases, pola saída da OTAN e do escudo antimísiles, polo regreso de todas as tropas e pola redución do gasto militar, debe ser asumida pola clase obreira como elemento fundamental dos seus intereses de clase. Nin un/ha fillo/a da clase obreira ás guerras do imperialismo.


A clase obreira do noso país, xunto á mocidade e aos sectores populares, débese preparar para unha constante e continuada mobilización de masas contra as políticas da oligarquía. O obxectivo é a saída socialista da crise estrutural do capitalismo, a toma do poder pola clase obreira e a república socialista.


Nesta situación a violencia das forzas represivas da oligarquía non terá límites. O pobo débese preparar para loitar e resistir.


O Partido Comunista é a única garantía da capacidade de loita da clase obreira e o pobo. As posicións reformistas son incapaces para dar a batalla que o pobo necesita.


Fortalecer as filas do Partido Comunista cos obreiros e obreiras máis conscientes, avanzar en procesos de unidade comunista, como o que nos próximos meses culminaremos cos camaradas de Unión Proletaria, preparar cadros necesarios para o combate que está por vir e difundir o programa da loita obreira na fase actual son os obxectivos principais.


A organización e a unidade do movemento comunista internacional serán a cobertura de todas as loitas, para unificalas e permitirlles golpear ao inimigo sempre na mesma dirección.


A loita é polo socialismo-comunismo e até a vitoria!


24 de Novembro de 2.011