miércoles, 23 de noviembre de 2011

NOTA PREVIA DE VALORACIÓN DOS RESULTADOS ELECTORAIS

O Comité Executivo do PCPE emite esta nota previa de valoración dos resultados electorais do pasado 20N. Nos próximos días o CE emitirá una resolución sobre este tema, unha vez realizado un debate colectivo co tempo necesario.

1. O desenvolvemento das eleccións consolida o obxectivo da oligarquía de dotarse dun goberno de refresco para continuar as políticas de axuste no escenario da crise estrutural do sistema capitalista español.

2. O próximo goberno do PP -coa posible incorporación dalgún membro doutros partidos- responde as expectativas da oligarquía. Un goberno con ampla maioría parlamentaria, aínda que se constata unha limitada capacidade para incrementar os votos obtidos por esta formación oligárquica nas eleccións do 2008. Iso expresa a desconfianza do electorado en relación ás políticas que se aplicarán na próxima etapa.

3. O desmoronamento electoral do PSOE é expresión da frustración do seu electorado ante as políticas aplicadas na xestión da crise capitalista estrutural. Boa parte dese electorado camiñou cara á abstención ou cara a diversas formacións políticas intermedias.
4. O reformismo de EU/ICV, e outras opcións das burguesías periféricas, benefícianse do retroceso da socialdemocracia e gañan unha mellor presenza parlamentaria. Esta maior presenza no Parlamento traducirase nun novo deslizamiento cara a posicións de maior moderación política, e maiores compromisos coa oligarquía que tratarán de manter o descontento das masas traballadoras nos límites da formalidade democrático burguesa.

5. O PCPE obtén unha mellora dos seus, polo de agora, modestos resultados electorais, e demostra que o seu electorado crece de forma constante sen deixarse engatusar polos cantos de serea do reformismo. Son votos gañados cun serio esforzo militante nun constante e comprometido traballo de masas nestes últimos anos. Estes resultados enmárcanse no proceso de consolidación do PCPE como referente comunista no conxunto de pobos e nacións de España..

6. . A reforma da Lei Electoral mostrouse como unha sinistra artimaña para tratar de evitar a presenza comunista nas eleccións. Sen esta argucia os resultados do PCPE serían manifestamente mellores. A represión das nosas candidaturas, coa fraude electoral en Barcelona, non impedirá continuar con este proceso de acumulación de forzas. Esgotando as vías da legalidade burguesa, a CE levará ao Tribunal de Estrasburgo a (a todas luces) ilegal anulación da nosa candidatura.
7. As brutais políticas que aplicará o novo goberno, que profundarán as xa iniciadas polo PSOE, someténdose disciplinadamente ao mandato da oligarquía, requiren dunha ampla mobilización de masas loitando por unha saída socialista ante a crise estrutural do sistema capitalista, organizando unha Frente Obreira e Popular que aglutine a todos os sectores confrontados coa dominación da oligarquía. Na loita sindical a formación de Comités de Unidade Obreira definirán a estratexia principal do PCPE.
8. O CE do PCPE saúda o traballo de toda a militancia nesta batalla electoral, e agradece a todas aquelas persoas próximas que colaboraron na mesma a súa confianza e o seu esforzo. O PCPE non defraudará a confianza de quen depositaron o seu voto pola nosa proposta política. A loita é até a vitoria!


21 de Novembro de 2011