lunes, 18 de abril de 2011

COMUNICAD0 14 ABRIL : A TERCEIRA REPÚBLICA, O CAMIÑO CARA A NOSA AUTODETERMINACIÓN

14 de ABRIL do 2011
A TERCEIRA REPÚBLICA, O CAMIÑO CARA A NOSA AUTODETERMINACIÓN


Os Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) diante do 80
Aniversario da Segunda República, seguiremos defendendo o
dereito de Autodeterminación mediante a Construcción dunha Terceira
República de Carácter Confederal e Socalista.

A Autodeterminación da nosa nación, a galega, é un dereito
democrático que nos é negado dende a Constitución de 1978, a
cal azota a clase traballadora, máis concretamente a Xuventude.
Os marxistas leninistas defendemos que a loita entre clases e o
recoñecemento de Galiza como un pobo ceive, van unidos, e non
deben de ser motivo de enfrentamentos. Recordando a Lenin, él sostiña
: “Un pobo que oprime a outro pobo, xamais poderá alcanzar a
súa propia liberación”. Negar o dereito aos traballadores das
nacións oprimidassignifica posicionarse de lado dos privilexios e a opresión
exercida pola clase capitalista.

A Segunda República foi un período de grandes esperanzas para
Galiza e os galegos. A nosa patria daba pasos de xigante para o
recoñecemento do seu carácter nacional e a emancipación de clase.
Tócanos a nós como futuro da clase obreira reflexionar sobre o
legado que nos queren e queremos deixar como mocidade obreira
e consciente. Rememorar aquela época sérvenos como referente
para unha Esquerda carente deste. Non como copia senón como
inspiración, non como nostalxia senón como impulso para loitas vindeiras.



DERROQUEMOS A CONSTITUCIÓN MONÁRQUICA DO 78!
LOITEMOS POLA AUTODETERMINACIÓN DE GALIZA!
ORGANÍZATE E LOITA! ÚNETE AOS CMC!
WWW.CMC-GALIZA.BLOGSPOT.COM
CMC-GALIZA@CJC.ES