martes, 25 de enero de 2011

A A MOCIDADE A FOLGA XERAL! LEVANTEMOSNOS CONTRA O CAPITAL!

O vindeiro 27 de xaneiro está convocada en Galiza, Euskal Herria e
Catalunya unha folga xeral para loitar contra o “pensionazo” do goberno
mal chamado socialista, representante da patronal e da banca contra os
traballadores. Desde os CMC Galiza consideramos este día como una data
clave pra que os traballadores respondan ás medidas antiobreiras que
está a tomar o gran capital contra a clase traballadora.

En tempos de bonanza económica (aqueles tempos onde os alugueres e os
pisos estaban polas nubes) non vimos nin un duro dos beneficios que
obtiveron (sacados de roubarnos a base de hipotecas e traballos de merda)
e despois, cando xa roubaron abondo, aproban unha reforma laboral que
vai contra os nosos dereitos básicos como traballadores. Regaláronlle a
universidade á banca co Plan Boloña, temos que pagar precios astronómicos
por estudar un Máster. Temos que tragar con traballos precarios que son
indignantes. Agora van polas pensións. As agresións contra a clase
traballadora van na mesma liña que as agresións contra o estudantado.
Pase o que pase, ti perdes, “a banca gaña”. E así será ata que decidamos
plantarlles cara. O vindeiro 27 de xaneiro é una data clave pra responder
ao capital, para decirlle que cos nosos dereitos non se xoga e que non imos
permitirlle nin unha máis.

O vindeiro 27 de xaneiro folga xeral.
Sí hai futuro para a xuventude, e constrúese loitando
O estudantado á folga xeral
Os traballadores á folga xeral
¡A única saída á crise capitalista é o socialismo!
¡O 27 de xaneiro imos darlles canha!