O acto será o vindeiro sábado 30 de outubro na Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago, ás 12:00 da mañá.
SÁBADO 30 DE OUTUBRO AS 12:00 DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA PÚBLICA ANXEL CASAL (AVENIDA XOAN XXI S/N) DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O ACTO CONTARA COA PRESENZA DE JUAN NOGUEIRA, VICEPRESIDENTE DO COMITÉ PLURINACIONAL PREPARATORIO DO FESTIVAL DE SUDÁFRICA.
Unha nova edición do Festival Mundial da Xuventude e os Estudantes
(FMXE) verá a luz este ano en Sudáfrica do 13 ao 21 de decembro. Esta
17ª edición do Festival será, como todos os anteriores, unha expresión internacional de unidade e solidaridade internacionalista de mozas e mozos de todo o mundo en contra das ameazas da guerra imperialista e dos desmáns provocados polo capitalismo en crise.
O 17º FMXE será tamén un punto de intercambio entre todos os países do mundo para coñecer que loitas levan a cabo e cales son as perspectivas políticas e aspiracións de cada pobo. Cada día dos que dure o festival está adicado a unha rexión do mundo, ademáis dos dous últimos días dedicados a Sudáfrica e á loita mundial contra o racismo, o fascismo e a xenofobia, durante os cales haberá talleres, seminarios de análise e debate, encontros intersectoriais, actividades culturais, foros solidarios, etc... Tamén porase
en marcha un Tribunal Antiimperialista para xulgar cada un dos crimes do imperialismo que emitirá unha sentenza avalada pola mocidade do mundo.
Dende a Federación Mundial da Xuventude Democrática invitámosvos a participar no acto de presentación do comité preparatorio nacional galego do Festival que terá lugar o Sábado 30 de Outubro ás 12:00 h. na Biblioteca Pública Anxel Casal (Avd. Xoan XXIII s/n) que contará coa presencia de Juan Nogueira, Vicepresidente do Comité Plurinacional Preparatorio.