miércoles, 22 de septiembre de 2010

SOBRE OS MASTERS... ENVIADO POLO CAMARADA DAVID

Hoxe, a día 6 de Xullo de 2010, comezo a escribir estas liñas que espero que poidan servir de axuda a todos
aquelas persoas que poidan estar sufrindo nas suas carnes agora mesmo as últimas grandes embestidas do
capitalismo contra o sistema de ensinanza público, posto que do que vou falar eiquí é do novo Master de
Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de
idiomas, que xa entrou en funcionamento durante o ano académico 2009-2010 en sustitución do antigo
CAP (Certificado de Aptitude Pedagóxica).

Deixando de lado as dificultades, problemas e frustracións particulares e específicas que tanto eu como o
resto dos meus compañeiros de master tivemos que sufrir durante este curso nunha universidade da
Galiza, a cal non nomearei para evitar posibles futuras complicacións (Problemas relativos a
desinformación, falla de profesorado axeitado, funcionamento caótico da estructura educativa… entre
outras moitas cousas), quero centrame no papel que xoga este novo master de profesorado na ofensiva
privatizadora que está levando a cabo o sistema capitalista contra a educación. Falouse e escribiuse moito
sobre o coñecido coma “Proceso de Boloña” e as devastadoras consecuencias a medio e longo prazo que
vai producir nunha ensinanza que ainda se reclama coma pública e aberta a todos, pero moi pouco ou case
nada se falou sobre este novo master que, sen dúbida, é o complemento e a guinda perfecta para a nova
estructura educativa elitista imposta polo EEES.

Se anteriormente calquera persoa, independientemente dos seus “méritos académicos”, podía acceder ao
CAP unha vez rematada a carreira para poder ter a posibilidade de presentarse ás oposicións de docente
sen verse sometido ou impedido por ningún tipo de restricción, co novo master de profesorado todo isto
acábase. No seu lugar, o novo master introduce, en cada universidade e en cada especialidade, un número
pechado e reducido de alumnado (Poden ser 20 ou 10 persoas, segundo o número de alumnos e alumnas
que haxa nas carreiras relacionadas con cada especialidade) que optará a ser admitido ou non segundo a
nota media do seu expediente: Así pois os “mellores”( Os que mellor expediente teñan) entrarán, e os
“peores” (Todos aqueles desafortunados que non conten cun expediente o suficientemente bó en
comparación con outras persoas que tamén opten a praza nese curso académico e especialidade
particular) quedarán fora. Poño “mellores” e “peores” entre comiñas xa que entendo que esta medida,
ademais de inxusta e elitista, é totalmente superficial e incluso incoherente cos principios que
supostamente guían o noso modelo educativo: ¿Non estábamos acaso nun sistema de ensinanza onde
todos teñen as mismas posibilidades e oportunidades? ¿acaso poden medirse as aptitudes e capacidades
do alumnado simplemente a través das notas dun expediente académico, coma se éstas fosen un
verdadeiro e fiel reflexo das competencias e do esforzo das e dos estudantes na aula (E eiquí poderíamos
dicir: ¿Acaso o ou a estudante que saca por exemplo un 5 de nota media frente ao 9 dun compañeiro ou
compañeira de clase, saca esa nota debido a que posue un nivel ou unha capacidade de esforzo inferior?
¿Ou acaso o profesorado, o ambiente da clase ou as posibilidades que é capaz de otorgar o centro
educativo non poden ter eiuí tamén resposabilidade nisto ao ser incapaces de poder estimular as
competencias e capacidades deses alumnos e alumnas, provocando que a educación soamente sexa un
proceso de cumplimento duns obxectivos de trámite –Aprobar exames e pasar de curso,
independientemente das notas que se saquen-?). Con este novo “Numerus Clausus”, quítaselle a centos de
alumnas e alumnos o dereito a poder ter a posibilidade de, tras realizar e completar o curso de preparación
docente, presentarse a probas de oposición e ser profesores no caso de aprobalas, ao non serlles
permitido o poder acceder á realización deste master (Requisito indispensable para poder presentarse a
este tipo de oposicións) debido a que as notas numéricas dos seus expedientes (Incluso no caso de que
sexan expedientes dun bó nivel) non alcanzan o nivel axeitado, co cal anos e anos de esforzos quédanse en
nada grazas a un sistema de selección antipopular. ¿É que estes centos de alumnos e alumnas non teñen o
mesmo dereito a poder acceder a este master? ¿acaso polo feito de ter un expediente inferior ao dun
grupito selecto de persoas, as súas capacidades e esforzos son inferiores e polo tanto débenselles
arrebatar o seu dereito a poder ter a oportunidade de exercer a docencia? ¿tantos anos de estudo para,
finalmente, isto?, entón, ¿para qué estudiar se ao final non vas ter as mesmas oportunidades que outras
persoas? (Por suposto isto é o que desexa o sistema capitalista, que cada vez menos xente estudie unha
carreira universitaria).

Pero non remata eiquí a cousa, xa que, no caso de ser un dos afortunados ou afortunadas seleccionado
para formar parte deste novo master, para poder formalizar a entrada nel haberá que pagar unha
matrícula de máis de mil euros (No curso 2009-2010 a matrícula costaba 1150 euros, nos cursos
seguintes… quen o sabe), co cal se ti tes un “bó expediente” pero non tes esa cantidade de diñeiro
dispoñible para pagar a matrícula (E se tampouco se ten a posibilidade de dereito a beca) tampouco se
pode acceder a el. Eiquí xa podemos ver dunha maneria ainda máis clara a verdadeira faciana,
ultracapitalista e neoliberal deste novo master de profesorado: A posibilidade de acceder a el, e polo tanto
de presentarse a oposicións e poder exercer a docencia no sistema educativo público, estará reservado
(Coma un luxo exclusivo), a partir de agora e coma no caso de Boloña a todos aqueles que se o poidan
permitir económicamente.

No caso de que se poida obter unha praza dentro deste novo master e ter a suficiente cantidade de diñeiro
para pagar a matrícula e correr cos gastos de dous anos académicos máis (Aunque no seu primeiro ano de
funcionamento a súa duración foi finalmente de seis meses, coma no antigo CAP), terá que sufrir unha
ensinanza eminentemente teórica e academicista que servirá de moi pouco á hora de enfrentarse coma
docentes ao ámbito real dun aula e dun centro de ensino. Polo tanto temos eiquí tamén un master dunha
duración inxustificadamente longa en comparación cos insuficientes e superficiais contidos e métodos de
ensino que se imparten nel no que respecta a preparación e formación activa do alumnado coma
docentes. Así, o que podemos sacar en claro desta pequena observación deste novo master de
profesorado é que se trata dun novo aparato de mercantilización educativa e de segregación dentro do
ámbito do ensino, convertindo as carreiras universitarias en simples probas de competitividade para lograr
acceder, como sexa, ás escasas saídas que o sistema capitalista outorgará a aqueles que cumplan sen
rechistar con certos obxectivos que éste esixe (Ter un bó expediente, adquisición dos coñecementos
“xustos e necesarios”, ter un alto nivel adquisitivo, etc).

As clases populares, a través de anos e anos de loitas e esforzos, puideron conseguir o dereito a unha
educación pública e para todos (Tanto a nivel de ensino primario e secundario como a nivel de
universidade, entre outros) dentro dos límites e das restriccións propias impostas polo capitalismo no que
se enmarcan as estructuras do sistema educativo público-estatal. Sen embargo nos último anos estamos
asistindo a unha ofensiva de tipo neoliberal a tódolos niveis: No mundo laboral (65 horas, aumento da
idade de xubilación ou as últimas “medidas de axuste” vividas en Europa, entre outras tropelías) e tamén
no mundo do ensino como extensión do mundo laboral, xa que do novo marco educativo sairán os
escravos sumisos que formarán parte do futuro mundo do traballo. A vella concepción de ensino coma
formación de persoas ceives, íntegras e autónomas desaparece (E con el a posibilidade de estudar,
aprender e coñecer máis aló das necesidades, dos límites e das urxencias dos respectivos cursos e carreiras
con respecto as súas saídas profesionais e os requerimentos que éstes esixen), para deixar paso a un
sistema educativo franca e abertamente capitalista na súa forma e intencións;unha fábrica onde se
seleccionan de maneira sistemática a aqueles que formarán parte de según que estratos do mundo laboral
e profesional, sendo coma sempre a clase obreria e aqueles que menos teñen os que queden nos postos
máis baixos, mentres que as clases burguesas acceden aos postos privilexiados, convertidos agora en zonas
reservadas de luxo (Como no caso deste novo master de profesorado e a posibilidade de exercer a
docencia pública). O capitalismo vese, a pesar da crise sitémica que o corroe, ainda con forzas para
quitarse tódalas carestas e mostrarse de maneira explícita como unha fábrica de escravos asalariados
segregados en diferentes bantustanes de tipo educativo e laboral segundo as capacidades económicas da
xente. O capitalismo, como xa se comentou anteriormente, non pode soportar que haxa tanta plebe que
teña a oportunidade de acceder ás mesmas titulacións universitarias que calquer fillo de rico, quedando
sen o suficiente persoal para cubrir os ocos que esixen os traballos basura ou de baixa cualificación e mal
pagados, pensados para a clase obreira. É hora de acabar con todos estes abusos, os fillos e fillas do
proletariado e campesiñado esiximos unha educación verdadeiramente popular, que outorgue
oportunidades e posibilidades a todos e todas, sen estar controlados e escravizados polo sistema
capitalista.

¡Loitaremos con tódalas nosas forzas polos nosos lexítimos dereiso ata conseguilos e ata eliminar calquera
rastro deste sistema agonizante e pernicioso que é o capitalismo do mundo educativo!