miércoles, 22 de septiembre de 2010

O INTERNACIONALISMO PROLETARIO E A REVOLUCIÓN COREANA

(Tomado de Lalkar, periódico do Partido Comunista de Gran Bretaña (Marxista-Leninista), número de
Novembro-Decembro de 2009)

O Domingo 25 de Outubro de 2009 tiveron lugar diversas ceremonias de alto nivel na República Popular
Democrática de Corea para conmemorar o 59 aniversario da entrada dos Voluntarios do Pobo Chinés (VPC) na guerra de Corea.

A Axencia Central Coreana de Noticias KCNA informou destas celebracións como segue: “O pobo Coreano paga respeto aos soldados caidos dos Voluntarios do Pobo Chinés e ao pobo Chinés, recordando con profunda emoción o heroico espírito de loita e as brilantes fazañas realizadas polos voluntarios”.
“Rodong Simmun (Diario dos Obreiros, órgano central do Partido do Traballo de Corea) dixo isto o
Domingo nun significativo artigo sobre o importante 59 aniversario da entrada dos VPC no frente Coreano:
‘ O partido Comunista Chinés e o gobernó enviou aos seus mellores fillos e fillas ao frente de Corea cando o
pobo Coreano experimentaba atroces adversidades debido á guerra de Corea, provocada polas forzas de
agresión imperialista a principios dos anos 50, axudando deste modo de maneira positiva ao exercito e ao
pobo Coreano’, indica o artigo, e continua:

‘O heroísmo masivo e o espírito de sacrificio desplegado polos valentes soldados dos VPC durante a última
guerra patriótica de liberación foi a expresión de cálido apoio e alento do pobo Chinés ao pobo Coreano, e
mostran claramente a misión nobre e fraternal dos VPC e o xenuino espírito de cooperación dos dous
pobos’.

‘ A sangue derramada polos VPC penetrou nos campos e montañas de Corea… O pobo Coreano fará coma
sempre esforzos positivos para consolidar a amizade entre os dous pobos. As inmortais fazañas realizadas
polos soldados caídos dos VPC na gran guerra de liberación patriótica levada a cabo polo pobo Coreano
pasará á posteridade xunto coa historia da amizade Chinesa-Coreana’ “(“Comentarios ao aniversario da
entrada dos VPC no frente Coreano”, KCNA, 25 de Outubro).

O aniversario da entrada na guerra de Corea adquiriu un significado especial este ano xa que se celebrou
tamén como o ano da amizade Chinesa-Coreana, sendo este ano o 60 aniversario da fundación da
República Popular Chinesa (RPCh) e dentro destas celebracións, o 60 aniversario do establecemento de
relación diplomáticas entre a RPCh e a RPDC, que fora fundada o ano anterior.

Inmediatamente despois das celebracións do aniversario o primeiro de Outubro, o primeiro ministro
Chinés Wen Jiabao dirixiuse á RPDC para una fraternal visita. O 5 de Outubro, a axencia de noticias Xinhua
informaba da maneira que segue: “ O primeiro ministro Chinés Wen Jiabao visitou o luns un cemiterio de
mártires dos Voluntarios do Pobo Chinés (VPC) no condado de Hoechang, na provincia de Phyongan do Sur, durante a súa visita á República Popular Democrática de Corea (RPDC)”.

O cemiterio, situado a uns 100 kilómetros ao este de Pyongyang, é o mais longo da RPDC entre as doceas
de cementerios para os soldados do exército de Voluntarios do Pobo Chinés que morreran na guerra para
resistir a agresión dos Estados Unidos e axudar a Corea fai máis de 50 anos.

“Acompañado por oficiais superiores da RPDC, o primeiro ministro Wen deixou una coroa xunto á estatua
de bronce dun soldado dos VPC e visitou as tumbas dos mártires dos Voluntarios. Dixo que o pobo Chinés
nunca esqueceu aos mártires dos VPC e sempre os terán na súa lembranza”.

“A construcción dun cemiterio de 90.000 metros cadrados, onde 134 mártires dos VPC están enterrados,
incluindo a Mao Anying, fillo do antigo líder Chinés Mao Zedong, foi completado en 1957. Ao ano seguinte,
o primeiro ministro Zhou Enlai visitou o cemiterio durante a súa visita á RPDC”.

“Uns 2.4 millóns de soldados dos VPC foron enviados á RPDC a principios dos 50 para unirse ao exército
Popular de Corea na loita contra os agresores Norteamericanos” (“O primeiro ministro Wen Jiabao visita
cemiterio de mártires Chineses na RPDC”, Xinhua, 5 de Outubro).

A participación dos VPC na guerra de Corea que, coma vimos anteriormente, segue sendo unha gran
colaboración para os pobos de ambos países, ocorreu dentro duns profundos antecedentes históricos onde
os lazos de sangue do internacionalismo proletario xa foran ben establecidos entre os pobos e os
comunistas non só de Corea e de China, mais tamén da Unión Soviética.

O gran líder do pobo Coreano, camarada Kim Il Sung, empezou as súas actividades revolucionarias cando
era un adolescente en Jilin, ao noroeste de China. Entre os seus máis íntimos camaradas nestes primeiros
tempos había xóvenes revolucionarios Chineses, un número dos cales foron capaces de sacrificar as súas
vidas para protexer a Kim Song Ju, como era chamado entón o camarada Kim Il Sung. Ata este día, os seus
fillos, netos e outros membros das súas familias son ainda aprezados como os máis queridos amigos do
pobo Coreano.

Cando a Unión Soviética foi ameazada con ser atacada, o camarada Kim Il Sung propuxo o eslogan
“¡Defendamos a Unión Soviética con armas!”. Despois de que os revolucionarios e patriotas Coreanos e
Chineses formaran un exército conxunto antixaponés, o cal, ademáis, en combinación co exército vermello
Soviético, formou as Forzas Armadas Internacionais (FAI) en Xullo de 1942, ainda que a Unión Soviética
fixera un pacto de non agresión con Xapón, para a súa propia defensa e para previr o daño causado por ter
que loitar simultáneamente en dous frentes.

Así recordaba o camarada Kim Il Sung aqueles días na súa biografía “Co Século”: “Un aspecto importante
da nosa loita durante este periodo foi o feito de que organizamos as FAI na Unión Soviética cos nosos
compañeiros de armas Chineses e Soviéticos no vrao de 1942 e sumerxímonos na preparación política e
militar de tódalas maneiras posibles co último obxectivo de aniquilar aos imperialistas Xaponeses”.
“O feito de que o EPRC (Exército Popular Revolucionario Coreano) formase as FAI coas forzas armadas da
Unión Soviética e China e lanzaran una loita conxunta con eles pode verse como una nova fase no
desenrolo da revolución Coreana…”

“Coa organización das FAI tivo lugar un gran cambio na nosa loita armada. Pódese dicir que, coa formación
das Forzas Aliadas como un punto de inflexión, pasamos da fase da nosa loita conxunta co pobo Chinés á
fase dunha loita conxunta extensiva que significaba una alianza das forzas armadas de Corea, China e a
Unión Soviética, a fase dunha nova fronte común unindo o mais imporante da loita antiimperialista e
antifeixista a nivel mundial…”

“Como resultado da organización das Forzas Aliadas, a situación militar e política na rexión oriental
cambiuo a favor da revolución mundial.”

“O primeiro de todo, a Unión Soviética beneficiouse en grande maneira disto. A Unión Soviética
asegurouse unas forzas políticas e militares capaces de aguantar os movimentos agresivos de Xapón coa
sus propia iniciativa…”

“A existencia das FAI creou tamén unas condicións e circunstanzas favorables para as revolucións Chinesa e
Coreana.”

“Debido a que había que actuar conxuntamente coas forzas Soviéticas da zona Oriental, o EPRC foi capaz
de ter, no marco dunhas forzas armadas regulares, tanto a habilidade como o equipamento necesario para
levar a cabo as máis modernas operación indispensables para liberar o país…”

“Inda cando a Unión Soviética necesitaba urxentemente o reforzo doutro reximento ou outro batallón
debido á extrema dificultade no frente, nunca botou man das Forzas Aliadas, senón que as axudou de
maneira que poidesen prepararse totalmente para o combate contra os imperialistas Xaponeses.”
“Persoal militar Soviético falábanos frecuentemente acerca do moito que Stalin valoraba aos oficiais e aos
homes do EPRC e do EAAJN (Exército Aliado Antixapones do Noroeste -De revolucionarios Chineses e
Coreanos). Dixeron que Stalin comentara que tódolos soldados destes exércitos eran xente valiosa que
farían una grande contribución a liberar as súas propias patrias e construir un novo país, e que, polo tanto,
debería coidar destes soldados para que non tiveran una soa perda.”

Esta solidariedade tripartita continuaría tamén durante a guerra de Corea. Ainda que a intervención duns 2
millóns e medio de loitadores dos VPC foi unha contribución decisiva, estas forzas houberan sido dezmadas
polos agresores Estadounidenses se non houbesen tido protección aérea. Isto non era capaz de proveelo
nin a recén nacida RPDC nin tampouco a recén nacida RPCH estaba en posición de facelo. Mais esta
contribución vital foi feita pola Unión Soviética.

No Outono de 1950, a forza aérea Soviética moveu avión ao noroeste de China e, nunhas condicións de
grande secretismo, realizaron misión de combate nos ceos de corea. O comandante da forza aérea en .
Corea, G .A. Labov, abatiu persoalmente 14 avións Americanos e os Soviéticos, á súa vez, tamén sufriron
fortes perdas. Nun momento dado da guerra os Americanos bombardearon Vladivostock.
Labov comandou a aproximadamente 70.000 soldados do exército vermello na guerra de Corea. As suas
labouras clave foron defender pontes, embalses e pistas de aterrizaxe e manter abertas estradas de
abastecemento dende China. O bando comunista perdeu uns 1000 avións na guerra contra o arredor de
3500 perdas no bando imperialista.

Un debería ter en mente que, enfrentándose militarmente de maneira directa ás forzas Estadounidenses, a
Unión Soviética estaba arriscándose a provocar unha guerra total. Que isto non era unha ameaza
infundada pode deducirse desta entrada do diario do presidente dos Estados Unidos Truman datada do 27
de Xaneiro de 1952:

“Paréceme que o procedimento axeitado agora sería un ultimátum con 10 días de prazo límite a Moscova…
Isto significaría unha guerra total… Moscova, San Petersburgo (Sic), Mukden (Shenyang), Vladivostock,
Pekín, Shangai, Port Arthur (Lushun), Dairen (Dalian), Odessa, Stalingrado e calquera planta de
manufacturación na China e na Unión Soviética serán eliminadas. Esta é a derradeira oportunidade para o
goberno Soviético de decidir se desexan sobrevivir ou non.”
Esta inspiradora historia de internacionalismo proletario é algo que merece ser loado e celebrado en
calquera oportunidade que se presente por tódolos comunistas, tódolos antiimperialistas e por suposto
por tódolos amigos de Corea.

Coma sempre, o camarada Kim Il Sung puxo as cousas no seu sitio cando, falando durante as celebracións
polo seu 80 cumpleanos o 15 de Abril de 1992, dixo: “Eiquí presentes están hoxe moitos dos meus antigos
compañeiros de armas, camaradas e amigos provintes de moitos países que poideron avanzar mao a mao
con nós nunha causa común. Esta é unha fonte de gran apoio e de fortaleza para o noso pobo.”
“Dende os primeiros anos das nosas actividades revolucionarias estivemos establecendo lazos de
camaradería imposibles de ser rachados con pobos irmaos e estivemos loitando xuntos contra o noso
inimigo común. Non esquecimos nunca aos nosos pobos irmaos e aos camaradas internacionalistas
revolucionarios que nos axudaran na nosa revolución á costa da súa sangue.”

“O destino da nosa nazón está fortemente unido ao dos pobos do mundo. O noso pobo permanecerá leal
non só á súa propia cuasa senón tamén á causa común dos pobos do mundo; eles oporanse ao egoísmo
nacional e cumprirán as súas misión internacionalistas.”

Ainda así, a pesar de todo isto, existen pequenos e non representativos mais si ruidosos grupos de persoas
alienadas que prefiren ignorar, desprezar e ridiculizar esta historia de internacionalismo proletario,
recordada en tantas ocasións e tan vivamente polo camarada Kim Il Sung, cambiandoa pola máis cruda
adulación e a máis vulgar falsificación e reescritura da historia. Un exemplo típico disto é o recente
documento titulado “¡Defender a RPD Corea!” realizada polo denominado “Asociación de Amizade con
Corea en Gran Bretaña”. Cunha completa ignorancia polos feitos anteriormente mencionados, o autor
deste panfleto sinala maliciosamente:

“ En segundo lugar a RPDC aprendeu a través da experiencia a confiar en sí mesmo. Durante a lita armada
antixaponesa o Exército de Guerrilla Popular Antixaponés foi organizado polo gran líder camarada Kim Il
Sung non tiña nin estado nin retagarda nos que apoiarse e capturaron armas dos Xaponeses. Tmén durante
a guerra de liberación da patria nos anos 50 non foron suministradas armas dabondo á RPDC polos seus
aliados” (Nota do editor: O seguinte estracto está reproducido exactamente da mesma maneira en que foi
escrito. A ortografía, a gramática e a puntuación son claramente tan incultas e incontinentes como a súa
visión política e dos feitos).

Dous millóns e medio de voluntarios Chineses e 70 mil membros do personal militar Soviético son, dunha
tacada, reducidas a “armas insuficientes”. Toda a existencia das Forzas Aliadas Internacionais é
simplemente borrada da historia.

¿A qué posible despropósito pode servir semellantes falsificacións, semellantes calumnias, semellantes
mentiras infames, pérfidas e sen base alguna? Certamente non sirven aos intereses do pobo Coreano ou
da clase traballadora. Semellante “amizade” (Que só serve probablemente para alienar ao pobo Coreano
daqueles amigos verdadeiros que poden facer realmente algo concreto pola vía da amizade) é dun tipo do
cal o pobo Coreano pode prescindir. Soamente serve para acordarnos das famosas verbas do Camarada
Kim Il Sung: “Se un home cae na adulación, convirtese nun idiota”