martes, 26 de noviembre de 2013

[Vigo] Ante a brutal represión xurdida a raiz da manifestación do 20-N

Ante as brutais agresións perpetradas polos corpos de represión do Estado Español na pasada xornada de folga do 20 de Novembro e na posterior concentración antirrepresiva na comisaría de Vigo, xurdida a raiz da represión vivida na manifestación do 20N, os Colectivos da Mocidade Comunista queremos expresar a nosa repulsa. Na manifestación do 20N varias persoas resultaron feridas por o emprego de material antidisturbios por parte da policía (escopetas con pelotas de goma e ata pelotas de futbolín), e na que houbo seis detencións. O venres de esa mesma semana convocase unha concentración para denunciar os brutais ataques da policía contra os manifestantes no 20N e sáldase con cinco detencións máis, ca súa posterior sanción administrativa, na que se xustifica unicamente pola asistencia a unha concetración que eles consideraron como “ilegal”.

Estamos a vivir o desmantelamento dos servizos públicos e ante isto, a mobilización dos sectores implicados vólvese cada vez máis masiva, avanzando firmemente na súa combatividade e na súa loita contra as inxustizas, erguendo a bandeira sempre digna das reivindicacións populares. O Estado vese cada vez máis arrinconado, e recorre cada vez a medidas máis bárbaras e brutais contra a clase obreira e sectores populares.

Xa no noso VIII Congreso lembrábamos as palabras de Lenin, cando advertía que o capitalismo en descomposición tende á reacción en todos os ámbitos. É por isto que dende os CMC estamos convencidos de que debemos prepararnos para defendernos e responder aos ataques dun capitalismo cada vez máis salvaxe e represor (como queda patente no novo proxecto de “Lei de seguridade cidadá”), organizándonos nos nosos centros de estudo, de traballo, nas rúas, etc…

A escalada da represión ou dos grupos fascistas non é nin unha coincidencia, nin xorde de forma espontánea, se non que responden os intereses da burguesía, que sinte como os seus privilexios e a súa posición no poder se ve en perigo.

NON O SABÍAS? DESPIDEN PROFESORES E CONTRATAN POLICÍAS!

Queremos sinalar como culpábeis e cómplices desta represión desmedida na manifestación do 20N ao Sindicato de Estudantes, que nunca deixarán de demostrar de qué lado están e a qué intereses responden. Militantes desta asociación non dubidaron en sinalar a persoas determinadas para facilitarlle a labor os “cans de presa” do Estado e que estes actuaran con contundencia, sen miramentos, contra certo sector do estudantado, crítico co SE. O colaboracionismo do Sindicato de Estudantes coa policía nacional é claro, e goza dun amplo historial.


Tamén na xornada de folga, vimos o talante de certos medios de comunicación, máis ou menos coñecidos e supostamente de “esquerdas”, saíndo en defensa a ultranza do Sindicato de Estudantes. Estes dous factores anteriormente descritos non forman parte se non de unha estratexia das institucións do Estado, para verter bile e criminalizar o movemento estudantil combativo.

Por iso, dende os CMC esiximos a retirada inmediata dos cargos que se lles imputan as persoas que foron detidas tanto no 20N coma na concentración antirepresiva, e facemos un chamamento ao estudantado en xeral a seguir ca loita, ca digna e dura loita que temos por diante, e que nin o oportunismo, nin a represión, van frear o avance imparable do estudantado e da clase traballadora cara a unha sociedade máis xusta.


AVANTE A LOITA DO ESTUDANTADO!
AVANTE A LOITA DA CLASE OBREIRA!