domingo, 19 de diciembre de 2010

18 DECEMBRO : TRAS O EXITO DO 29-S, CONTINUAR A LOITA PARA VENCER

A crise capitalista levounos a unha quella sen saída. Millóns de parados, unha reforma laboral que practicamente legaliza o despedimento libre, a nosa vida está completamente ao servizo do capital que non se preocupa máis que de aumentar os seus beneficios.

Por iso fomos á folga xeral o 29 de setembro, por iso foi un éxito rotundo en todo o Estado. Por iso fomos con ánimo combativo e sen amedrentarnos polas ameazas dos empresarios, dos xefes e os jefecillos, dos políticos do PSOE e do PP, dos seus medios de comunicación, de todo ese lixo mediático que botou merda á mobilización dos e as obreiras. Ese día demostramos que con organización, con firmeza, con vontade, é posible cambiar a correlación de forzas entre nós e eles, entre a clase obreira e o capital. Ese día, na rúa, mandaron os e as obreiras, firmes na súa vontade de que a crise capitalista, xerada por eles, non a pagásemos nós.


Intentárono todo. Intentaron as ameazas nas empresas, nas fábricas, nas oficinas. Intentaron a represión policial. Intentaron criminalizar os que acudimos aos piquetes. Pero fracasaron.

En Grecia, en Francia, en Portugal, a loita da clase obreira sobe de ton, as mobilizacións sostidas, a organización e a loita das e os obreiros europeos están a colocar os gobernos deses países nunha situación de difícil sostemento: ou atenden ás demandas do capital que pide máis facilidade para despedir, máis recortes sociais, menos salarios, alongar a idade de xubilación ata que os obreiros teñamos que ir dende o traballo á tumba, ou atenden as demandas dos e as traballadoras que non piden máis que a crise capitalista a paguen aqueles que a xeraron.

A loita está claramente formulada. Por un lado, os capitalistas que lle din os gobernos: "temos tolerancia cero coas medidas que queremos que tomedes, queremos que nolo deades todo". Por outro lado, nós e nós que non pedimos máis que o que é xusto: a crise capitalista débena de pagar os seus culpables, os capitalistas. Se non gañamos esta loita, as seguintes serán aínda moito peores...


O que temos diante non é para menos. O goberno anunciou que antes de decembro acometerá a reforma das pensións e a idade de xubilación. E logo as negociacións dos convenios que coa reforma laboral enriba da mesa seguro que irán no sentido de diminuír noso soldos, que como sabes xa non chegan practicamente a cubrir as necesidades máis básicas. A todo isto hai que sumar a permanente ameaza que pende sobre o noso tecido industrial e produtivo. Quedaremos de brazos cruzados mentres acaban de cumprir todas as súas ameazas?

Agora é o momento da loita. Debemos ser capaces de obrigar ás centrais sindicais a continuar o camiño de loita iniciado o 29 de setembro, agora que podemos, agora que non estamos sós é o momento de lanzar a loita.


Pero, que se necesita para logralo?

Necesitamos organización e compromiso, loita sen cuartel contra os especuladores e os capitalistas. Debemos organizarnos para conseguir que non se saian coa súa. Necesitamos compromiso para continuar ata lograr os nosos obxectivos.

O PCPE puxo en marcha un proceso de coordinación dos sindicalistas máis consecuentes, dos loitadores máis firmes na defensa dos intereses dos traballadores, son os Comités de Unidade Obreira (CUO) que servirán para coordinar as loitas nun futuro.

Neste proceso de acumulación de forzas, de organización e de loita, necesitamos sumar a obreiros e obreiras como ti, que sofren a explotación e que non están dispostos a entregar a súa vida aos capitalistas que cando as cousas van ben non dan contas dos seus beneficios pero cando van mal lle pasan a factura á clase obreira. Necesitamos que a clase obreira dirixa a todos os sectores populares cara á derrota do capitalismo, único causante da crise.


Seguro que coñeces xente que caeu no paro, que a botaron do seu traballo por culpa da crise capitalista, seguro que coñeces compañeiros que teñen tido que loitar simplemente para cobrar o seu salario, probablemente ti sexas un deles, é hora de organizarse, de coordinarse, de facer as cousas xuntos, para que poidamos derrotar os capitalistas e pasemos a organizar a economía sobre novas bases, dirixida por nós, en función dos nosos intereses, na que non haxa paro, sen xefes que nos explotan, onde se remate a ditadura do capital e dos seus matóns.

Toda Europa está en loita

ti tamén!