Os Colectivos de Mozos Comunistas acollemos con satisfacción a decisión tomada pola Xuventude Comunista de Asturias (JCA), pola que solicitan o ingreso colectivo nos CJC e a unificación entre as dúas organizacións.
Este proceso non é unha fusión artificial de siglas, senón que vén precedido pola coincidencia no traballo das dúas organizacións en numerosos ámbitos: especialmente, o universitario, antiimperialista, antirracista, republicano e na preparación da Folga Xeral.
Sendo a JCA unha organización madura e irmanda, entendemos que os seus militantes non deben pasar un período de pre-militancia nos CJC. Considerámolos dende este mesmo momento como militantes de pleno dereito e con plena confianza.
Isto non quita para que a partir de agora se abra un proceso conferencial que dote de contido político a esta unidade das e os mozos comunistas.
Á marxe de que este proceso se faga baixo as nosas siglas, a unidade dos comunistas no Estado Español é un elemento moi importante na estratexia de recuperación e construción do proxecto marxista-leninista.
Os CJC entendemos que no Estado Español, tras a ruptura do PCE co leninismo, houbo dúas formas distintas de entender o proxecto comunista: a estratexia de recuperación do marxismo-leninismo no PCE e a unificación dos destacamentos leninistas á marxe do PCE.
Os CJC formamos parte da segunda estratexia, o cal non nos impide considerar como camaradas a aqueles que toman como marco de actuación calquera outro referente diferente ao noso.
En calquera caso, a dexeneración e descomposición do reformismo formulan de novo hoxe o debate en termos de "reforma ou revolución" e os CJC e o PCPE estamos fírmemente comprometidos coa segunda opción. O PCE non ofrece hoxe un marco adecuado para construír o proxecto marxista-leninista, aínda que, dende unha posición afastada do sectarismo, no proceso de reconstrución do partido haxa que contar con moitos camaradas que hoxe militan baixo outras siglas, así como coa parte máis consciente da clase obreira, que é a maior das garantías para a construción do Partido e a Xuventude Comunista que a nosa loita require.
Hoxe, crear o partido da revolución é aínda unha tarefa pendente, na que a xuventude xogamos un papel clave. Sonnos alleas as disputas que lleveron ao fraccionamento do proxecto comunista en anteriores xeracións. Non é a historia, senón a loita revolucionaria aquí e agora o principal criterio á hora de xerar puntos de confluencia.
No Estado Español, existen varios destacamentos leninistas, dos cales, o PCPE e os CJC somos o maior. Co ingreso da JCA, demóstrase que estamos en capacidade de integrar moitos mozos comunistas ao noso proxecto e, desa forma, os CJC demostrámonos como un marco útil tanto para a unidade coma para o avance do proxecto.
En Asturies, a unidade da JCA e os CMC abre a porta á maior organización da xuventude comunista neste territorio, con amplas expectativas de traballo político, tanto por número de militantes coma por capacidade política. Non nos poñeremos ningunha medalla polas expectativas que xeremos, senón que asumimos o reto que nos corresponde.
Temos a posibilidade de crear unha alternativa xuvenil comunista seria, á marxe de moitas das eivas que caracterizaron á esquerda deste país. Sabemos de certa frustración no labor político que a JCA desempeñaba baixo o marco do PCA. Podemos asegurar que a nosa organización non cometerá os mesmos erros. É moi sintomático que en outono de 2010 e con máis de 4 millóns de parados, noutras organizacións practicamente só se escoite falar das eleccións da próxima primavera. A nosa alternativa é elevar a conciencia, a organización e a combatividade da xuventude estudantil e traballadora.
Finalmente, non podemos illar este proceso dunha confluencia xeral que se dá a escala de todo o Estado. Unha nova xeración de mozos comunistas está a empezar a loitar en todo o Estado e, na medida que afrontamos con sinceridade revolucionaria os retos que a realidade nos impón, chegamos a conclusións similares e a dinámicas parecidas. A práctica demóstranolo.
Isto facilita enormemente a unidade dos comunistas. Estamos ante un primeiro paso dun proceso que necesariamente terá que ser máis amplo.
José Díaz, secretario xeral do PCE nos anos 30, dixo "A unidade fixo posible a nosa resistencia. Coa unidade venceremos. "
Estamos de acordo con el, aínda que hoxe non falamos de resistencia. A xuventude está á ofensiva.