miércoles, 10 de noviembre de 2010

O PCPE ANTE A INTERVENCIÓN ARMADA DO EXERCITO MARROQUI NO CAMPAMENTO SAHARUI DE GDEIM IZIK

As noticias que nos chegan do Sahara ocupado non pode reflectir maior grao de barbarie; unha vez máis a monarquía alauita mostra o seu verdadeiro rostro criminal coa absoluta complicidade da UE e os EUA

Os saharauís acampados enfrontaron a intervención lanzando pedras contra os forzas marroquís de intervención, que rapidamente efectuou disparos contra homes mulleres, anciáns e nenos.

Mentres tanto, na cidade ocupada Del aiún, a poboación
saharui resistindo a agresión da policía e o exército de Marrocos, está masivamente loitando polo seu futuro dando heroicas mostras de dignidade e capacidade de organización e resistencia.

Ante estes feitos o Partido Comunista dos Pobos de España - PCPE expresa a súa condena firme a semellante agresión contra o pobo saharauí e sinala a non só a culpabilidade directa de Marrocos senón a complicidade necesaria da Casa Real e o Goberno de España e da UE nesta nova acción xenocida.

Así mesmo, o PCPE insta a Organización de Nacións Unidas a que interveña de forma urxente e inmediata, especialmente tendo en conta que a agresión marroquí contra o pobo saharauí acampado en Gdeim Izik se produciu en territorio baixo control da MINURSO, cuxa misión é vixiar para que ningún tipo de accións armadas acontezan na zona da que é responsable.

O PCPE chama ao conxunto da clase traballadora, xuventude e sectores populares a manter unha mobilización sostida e combativa en todos os territorios do Estado Español ata que non se lle recoñezan a totalidade dos seus dereitos ao pobo saharauí

Fose Marrocos de Sahara Occidental
Viva o Sahara Libre
Viva a solidariedade internacionalista entre os Pobos

www.pcpe.es