viernes, 19 de noviembre de 2010

COREA DO NORTE CONTRA O TRATADO DE LIBRE COMERCIO

Rodong Sinmun

Tiveron lugar, dende o día 4, no Sur de Corea as renegociacións entre este e Estados Unidos para solucionar "o problemático" na concertación dun "tratado de libre comercio", nas cales as autoridades surcoreanas aceptaron sen ningunha pega as esixencias de EUA de quitar considerablemente restricións á importación de automóbiles de fabricación norteamericana e, á súa vez, restrinxir ao máximo a exportación de vehículos de fabricación surcoreana a aquel país.
 

O diario Rodong Sinmun cualifícao, nun comentario individual difundido este luns, como o produto da cobiza bandidesca do amo estadounidense e da humillación do súbdito surcoreano e continúa:


Ademais, isto volve demostrar que as autoridades surcoreanas son lacaios de EUA, e que venden sen vacilación a dignidade e intereses da nación coreana ás potencias estranxeiras.


O "tratado de libre comercio" é, na súa esencia, un acordo de saqueo económico de EUA sobre o Sur de Corea.


Ademais, resulta tan desigual e dependente que converte a economía surcoreana en colonial de EUA e atenta contra os intereses dos habitantes surcoreanos.


Os gobernantes surcoreanos, rendidos ante a opresión do imperio, fixeron ata renegociacións e entregaron sen vacilación a autonomía económica do Sur de Corea aos monopolios estranxeiros. Son unha banda de traidores que non ten a máis mínima dignidade nacional nin lles preocupa o dereito do pobo coreano a existir.


Simplemente, o seu único obxectivo, custe o que custe, é a confrontación coas forzas armadas da República Popular Democrática de Corea, baixo o amparo de EUA


Os actuais gobernantes surcoreanos entregan sen dubidar a autonomía económica e o dereito a existencia do pobo ás forzas estranxeiras para atraer a simpatía de EUA, para fortalecer a súa "alianza" de guerra contra o Norte.


--
Juan Nogueira López
Secretario de Comunicacións
Asociación de Amizade con Corea no Estado Español