FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL
Atenas, 13 de setembro de 2010
¡APOIAMOS Á CLASE OBREIRA ESPAÑOLA!
En nome dos 72 millóns de afiliados da FSM en 110 países de todo o mundo expresamos o noso pleno apoio á clase traballadora e ao pobo de España,que son vítimas do ataque do capitalismo europeo e mundial.
Hoxe este mesmo ataque sófreno os traballadores de todo o planeta. Por iso o pasado 7 de setembro, a Federación Sindical Mundial convocou un Día Internacional de Acción, que foi un gran éxito en todo o mundo.
Numerosas iniciativas e mobilizacións tiveron lugar durante este día en países como a India, Nepal, Vietnam, Bangladesh, a RPD de Corea, Palestina, Congo, Sudáfrica, Grecia, Chipre, País Vasco, Portugal, Francia, Panamá, Costa Rica, Porto Rico, Colombia, Chile , Arxentina, Uruguai e moitos outros.
Centos de miles de traballadores de todo o mundo uniron as súas voces neste día Internacional de Acción para esixir unha saída á crise, para que os traballadores non paguen a crise do capitalismo.
Esta exitosa iniciativa reforzará aínda máis o prestixio e o novo rumbo da FSM, do mesmo xeito que as loitas en España van reforzar ao sindicalismo de clase no seu país.
Desde a Federación Sindical Mundial apoiamos aos sindicatos de clase españois que, denunciando as manobras da CES, Confederación Europea de Sindicatos, loitan para que en España e no mundo avance o sindicalismo de clase.
O SECRETARIADO
40, Zan Moreas street, Athens 11745 GREECE
Tel. 302109214417, 302109236700, Fax 30210 9214517
www.wftucentral.org E-mails : info@wftucentral.org,
international@wftucentral.org