sábado, 28 de agosto de 2010

29 - S : CHAMAMENTO DOS CMC A XUVENTUDE

Os Colectivos da Mocidade Comunista chama a toda a xuventude estudante e traballadora a que se implique activamente na folga do 29 de Septembro

Os Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) facemos un chamamento a xuventude, sexa traballadora ou estudante, a participación de forma masiva a Folga Xeral convocada para este 29 de Septembro.

O goberno estatal, a servizo dos grandes capitais e seguindo os dictados da Unión Europea, se dispón a aplicar, entre outras medidas anunciadas, unha contrarema laboral cuios eixos fundamentais son o abaratamento do despido, a precarización das condicións laborais, a precarización das condicións laborais, asi como unha maior temporalidade nos contratos.

Os/ás novos, estamos a ver como o noso futuro se nos está a negar, sufrindo nestes últimos anos un retroceso brutal no que a dereitos laborais, civís e sociais se refire, sendo estas últimas medidas un novo golpe nesta dinámica.
Por outro lado, vaise perfilando un sistema educativo ao servizo do capital cuxos piares fundamentais son a elitización e a mercantilización da educación, retrocedendo tamén neste aspecto varias décadas de loita.

Ante isto, a xuventude non pode quedar parada. É hora de que tome un papel protagonista e se levante contra os plans dun goberno e unha patronal que non ve outro futuro para nós/ás que o paro e a escravitude asalariada. Ante as continuas chamadas do goberno a arrimar o ombro, ou a realizar maiores esforzos, a xuventude dicimos alto e claro: ¡ ¡ Ningún sacrificio máis en favor do capital!!!
É por isto que a Folga Xeral do 29 de setembro, debe de ser un éxito onde a participación da xuventude sexa masiva,devolviendole ao goberno e á patronal os golpes que durante todo este tempo estivemos a recibir.

Supón un grave erro, alimentado este polos medios de comunicación, rexeitar a participación nesta Folga Xeral reducindo esta ao feito de que sexan CC.OO. E UXT os sindicatos convocantes. Os CMC, a pesar de ser moi críticos coas cúpulas sindicais destas centrais, vemos que esta convocatoria transcende aos devanditos sindicatos, estando en xogo os intereses do total da clase traballadora. O éxito ou fracaso desta Folga Xeral, marcará a actuación dun goberno desexoso de tombar dunha vez por todas os poucos dereitos que aínda seguimos conservando e que tantos anos de loita e sacrificios custou conseguir.

Os CMC, non vemos nesta Folga un fin en se mesmo, senón o primeiro chanzo que nos permita frear as medidas antiobreiras do goberno, elevándonos cara a metas maiores, organizando a contraofensiva que dunha resposta asine aos plans do empresariado, o goberno e a UE.
Para o estudiantado tamén é momento de organizarse, crear asembleas nos centros de estudo, montar piquetes nas facultados, animar ao estudiantado a participar na preparación e xornada de folga, etc. son tarefas que a xuventude estudante non pode deixar de facer de cara a esta mobilización, pois aínda que hoxe sexamos estudantes, mañá formaremos parte da clase traballadora que sufrirá estas medidas, estes recortes, esta redución de dereitos...

Por último, os CMC chamamos á xuventude a que o 29-S se unha ás mobilizacións xunto á nosa organización, co fin de que esta nova Folga Xeral sexa un clamor popular polo noso futuro, polo fin do sistema capitalista, en definitiva, sexa un clamor popular pola construción dun modelo social, o socialismo, cuxos piares fundamentais sexan os intereses da maioría traballadora e a súa xuventude, un modelo onde as palabras crise ou paro, pasasen á historia. Loitamos para que o próximo día 29 de setembro non sexa unha xornada de CC.OO e UXT, senón unha xornada de loita onde a xuventude e a clase obreira coas súas reivindicacións sexan os protagonistas.