martes, 29 de octubre de 2013

Crónica da folga educativa do 24-O. Todos á loita!

O día 24 de outubro os e as estudantes dimos unha nova batalla contra ós ataques á educación pública por parte da burguesía e os seus servintes políticos do goberno.
Unha vez máis orgánizamonos pra vencer. Unha folga estudiantil ten que servir pra iso, non é un fin, senón un medio pra construir organización do estudantado. Os compañeiros e compañeiras non desaproveitaron esta convocatoria pra unir forzas.

Os CMC comezamos co traballo de cara a folga dias antes. Elaboramos cartaces

e realizamos pintadas chamando á folga.

A xornada de folga comezou no campus sur arredor das 7:30h, reunindo a máis de 50 estudantes pra os piquetes na biblioteca Concepcion Arenal. Comezouse por bloquear as entradas das facultades de Dereito, Farmacia, Matemáticas, Bioloxía e a ETSE usando todo tipo de materiais: mesas, cadeiras, cadeas...
Apenas avanzada a mañá varios compañeiros informaron de que na facultade de Dereito estabanse a repartir prácticas para o ano próximo, polo tanto, os estudantes que decidiran facer folga, non poderían coller prácticas para o ano que ven. O piquete desplazouse ata dita facultade e conseguiu, tras varios minutos de discusión, que se movera a data para a semana seguinte. Tras isto, puidemos comprobar como varios alumnos entraban na facultade de Farmacia (facultade coñecida como a máis reaccionaria do campus sur). Ó chegar alí os piquetes atopáronse con varias clases nas que se estaba a impartir clase. Unha delas foi moi significativa no feito de que a profesora explicaba que os alumnos tiñan liberdade para vir a clase se querían pero tras preguntar os estudantes, estes dixeron ós compañeiros dos piquetes que eran obligados a asistir para non perder puntos e que se sentían coaccionados. Sen embargo, os piquetes conseguiron que non se celebrara clase en ningunha aula e o alumnado puido saír a secundar a folga.
Cabe destacar o apoio que deron as traballadoras da limpeza (de servizos mínimos) de todas as facultades, dando ánimo e dicindo onde se estaba a repartir clase. Dende os CMC agradecemos de corazón o seu compañerismo e solidariedade, e recordámoslle que estaremos ó seu lado ofrecendo o máximo apoio sempre que o necesiten.
Como conslusión, podemos dicir que houbo cerca dun 80% de secundación de folga e en varias facultades (como psicoloxía e e educación social) foi o 100%. Tamén comentar que os piquetes conseguiron desaloxar a maioria das clases onde se estaba a repartir clase.

No campus norte os piquetes tamén comezaron a primeirísma hora da mañá, a cal transcurriu moi calmada. Os piquetes configuraronse dun xeito meramente informativo, deixando pasar a moita xente, inda que realmente a folga foi secundada por a maior parte da comunidade educativa.
A facultade de Economía, baleira
A facultade posiblemente máis reaccionaria do campus norte, Economía, contou cunha gran presenza dos piquetes. No resto, en Filoloxia ou Comunicación Audiovisual o seguimento foi prácticamente do 100%. En Economía, a pesar de contar con un gran numero de persoas no piquete, deixouse entrar a moitos dos profesores que subía o despacho “a por un libro”.Non impartiron clases, e a excepción de seis alumnas e uns dez profesores o seguemento en económicas foi total.
Pola tarde, os piquetes foron inexistentes pola tarde, xa que o piquete informativo por outra banda o fixo moi ben no sentido de informar ó alumno, e pola tarde secundou a folga todo o alumnado. Pola tarde o único que se fixo foi unirse os piquetes do Sur, para bloquear as facultades máis reaccionarias de todolos campus (Famacia e Medicina). Nesta xornada o éxito foi total, as facultades ás que asistiron estos piquetes quedaron baleiras, incluida Medicina (un feito histórico).
Os CMC asistimos á manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Ensino Público, mentres que os camaradas do PCPE e mais os compañeiros dos CUO foron á da Plataforma Estatal. Lamentamos que, nun momento no que é mais necesaria que nunca a unidade, fixéranse dúas manifestacións diferentes.
Na manifestación puidemos ver miles e miles de estudantes, profesores, traballadores do sector educativo, pais e nais...Cada vez máis xente dáse conta da necesidade de saír a rúa a loitar polas conquistas obreiras populares que tanta sangue, suor e bágoas costou ó longo da historia recente. 
A pesar da intensa chuvia, os mozos e mozas do bloque vermello do CMC mostramos unha actividade combativa e coreamos consignas durante todo o percorrido. Os berros máis coreados foron, por exemplo: "Presupostos militares, para escolas e hospitais", "O fillo do obreiro, tamén dereito" ou "Non o sabías? Despiden profesores e contratan policia!". 

  
Agora, o que toca e seguir coa loita, non desistir nin un intre, pois non só chega coa convocatorias puntuais. Temos que organizarnos contra as políticas antipopulares, contra os ataques da burguesía, que quere arrebatarnos e rapiñar as nosas conquistas historicas. O que máis necesitamos se queremos vencer, e xa a mesma experiencia histórica mostra, é a unidade de todos e todas as estudantes en clave combativa de clase, que se manifeste nunha organización unitaria pra todo o Estado.

POR UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA Ó SERVIZO DO POBO TRABALLADOR. 
EN CADA CENTRO DE ESTUDOS, ORGANIZARSE PRA VENCER!