lunes, 23 de septiembre de 2013

Ante a última agresión fascista (CMC Santiago)

Na pasada noite do Xoves 12 de Setembro un compañeiro da asociación estudantil Acción Universitaria era agredido por un militante da MRA (coñecido grupo nazi) pola súa orientación sexual, cando se encontraba nun pub compostelán co seu compañeiro.

Dende CMC-Galiza queremos en primeiro lugar mostrar a nosa total repulsa ante este ataque fascista e mostrar a nosa máis sentida solidaridade cos afectados ante esta barbarie. En segundo lugar queremos poñer de manifesto que este tipo de accións deixan de ser actos aislados na Galiza. Sexamos sinceros e claros, o auxe do fascismo no noso país é unha realidade

Isto non debería coller a ninguén por sorpresa, xa que en momentos como o de agora, no que o capitalismo está nunha crise estrutural; cando ó único que pode aportar á humanidade son estertores e o seu alento final está próximo, o capital recurre ó seu vello e firme aliado para sobrevivir, o fascismo. Para ó patrón, o fascismo funciona como o seu can de presa. Como o fascismo é totalmente funcional á dictadura do capital, éste permítelle todas as súas accións e ataques, mentres esta dictadura mantén a súa careta "tolerante" e "democrática". Así, en accións xenófobas ou, coma neste caso, homófobas perpetradas polo fascismo, o Estado burgués mira pra outro lado.

Denunciamos a complicidade do Estado burgués español co fascismo, xa que non é perseguido de ninguna maneira, operando libremente e atacando de forma indiscriminada a todo elemento medianamente concienciado da nosa sociedade. A burguesía sinala e o fascista ataca. 

Desta vez non tivemos que lamentar ningún dano grave a Noel. Pero non debemos crer que lle faltou moito para acabar como o compañeiro Clément, asasinado en xuño en París, tamén nunha accion homófoba perpretada pos fascistas.
O que vemos na nosa cidade está a pasar por toda Europa. Tanto en España, Francia ou Grecia crece a forza do fascismo. Hai uns días en Grecia o rapeiro e activista antifascista Pavlos Fyssas era asesinado, e hai menos de 2 semanas 8 militantes do KKE e da KNE eran brutalmente agredidos. Os autores sempre resultaron ser militantes de Mencer Dourado, o famoso partido nazi grego.

Imos permitir que volva a producirse outro ataque? Imos esperar a ter que chorar amargamente pola perda doutro compañeiro? Esperaremos a ter que saír á rúa para protestar pola morte doutro Pavlos, doutro Clément, doutro Carlos...? 

Dende CMC-Galiza, non imos permitir que se siga descoñecendo este tipo de actividades, nin que as accións fascistas contra os pobos de España, a clase traballadora e a mocidade estudante, queden impunes. Non permitiremos nin o máis minimo avance dun producto paradigmático do capitalismo senil e en descomposición. A Mocedade Comunista da Galiza estamos traballando dende o primeiro momento para frear  e acabar con este tipo de ataques, indiscriminados e completamente reaccionarios. É hora de organizarnos na cidade de Santiago, e alí onde sexa necesario, pra acabar co fascismo.


¡Nin unha agresión máis sen resposta!


¡Alerta antifascista!