PAREMOS A AGRESIÓN CRIMINAL CONTRA GAZA. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA
O PCPE e os CMC
condenan o novo agravamento da agresión israelí contra o pobo
palestino e o asasinato de dirixentes palestinos. A expectativa dunha
posible aceptación de Palestina como membro observador da ONU
impulsa ao Estado terrorista de Israel a aproveitar o latente estado
de guerra rexional para continuar usurpando chan palestino e
reducindo o territorio baixo xestión das institucións palestinas,
proseguindo a súa política de feitos consumados nunha dinámica de
ampliación das dificultades para unha solución xusta acorde aos
dereitos nacionais do pobo palestino.
A guerra
mercenaria contra Siria, organizada e financiada pola OTAN, a Unión
Europea e os Estados Unidos, co apoio de países árabes
estreitamente vinculados ao imperialismo, ameaza con rachar o
equilibrio rexional que permitiu a Israel impor a súa ocupación de
Palestina. Ademais, os recentes xestos de achegamento a Hamas levados
a cabo por Qatar e Exipto, os intentos de desestabilizar Líbano, a
posición firme de Irán e o aumento do protagonismo de Turquía
(membro activo da OTAN) na rexión son factores que marcan unha
tendencia de cambios rexionais a cal impulsa ao Estado sionista a
unha permanente política agresiva para consolidar posicións que
dificulten o seu cuestionamento como Estado.
O PCPE e os CMC
apoian a resposta palestina fronte á política criminal de Israel. A
heroica loita do pobo palestino por unha vida digna e segura nun
Estado palestino plenamente independente e soberano é unha loita
xusta que o PCPE e os CJC acompañarán até a vitoria.
O PCPE e os CMC
esixen a intervención do Goberno de España ante o goberno
israelí, demandando a suspensión inmediata das operacións
militares contra Gaza, o desmantelamento do muro e a retirada da súa
poboación e das súas forzas militares e policiais.
O PCPE e os CMC
esixen ao goberno de España o apoio de a posición
palestina en todas as instancias internacionais e a condena da
intervención criminal do sionismo
O PCPE e os CMC
chaman aos pobos de España a manifestar a súa solidariedade
internacionalista co pobo palestino e a rexeitar a política agresiva
e militarista do Estado de Israel e os seus aliados.
18 de Novembro
de 2012