martes, 15 de noviembre de 2011

CAMPAÑA ELECTORAL DO PCPE

Nestes días nos que os partidos da oligarquía fan a súa millonaria campaña electoral, pagando por inmensos paneis electorais e facendo publicidade deseñada por empresas de mercadotecnia, o PCPE e os CMC realizan a súa campaña a pé de rúa, buscando o contacto directo cos traballadores para situarlles as claves políticas da súa campaña "TODO PARA A CLASE OBREIRA" e como as propostas dos partidos do capital é ilusoria, xa que non hai saída da crise dentro do capital senón fóra do sistema construíndo o socialismo.
Para iso, están a distribuír miles de panfletos á saída dos centros de traballo, INEM, universidade, barrios obreiros, etc., propoñendo o seu programa estratéxico e táctico para que a clase obreira avance posicións cara ao socialismo.

¡TODO PARA A CLASE OBREIRA!
¡NADA PARA A BURGUESÍA E O CAPITAL!
¡VOTA PCPE!