lunes, 1 de agosto de 2011

O PCPE DIANTE DO ADELANTO ELECTORALO

O anuncio do adianto das Eleccións Xerais -ao día 20 de novembro-, é, ante todo, a expresión da agudización da crise capitalista, e da incapacidade da oligarquía e os seus gobernos para tentar atopar unha saída á mesma dentro das estreitas e esgotadas marxes do sistema capitalista. Tamén, os novos atrancos aprobados para a participación nas eleccións das forzas non parlamentarias son expresión diso.

Con ista decisión do goberno realízase unha fuxida cara adiante, que ten dous obxectivos fundamentais. Un, tratar de colocar un paréntese electoral que poida evitar/adiar unha resposta obreira de masas que, no contexto dun próximo “outono quente”, cuestionara a xestión da crise capitalista realizada nestes anos, e colocara á clase obreira en condicións de plantar cara á oligarquía española impulsando propostas políticas contrarias á dominación do capital, dando inicio a unha etapa de revolución social. E outro, dotar á oligarquía dun goberno de refresco (formado só polo PP, ou cunha coalición máis ou menos ampla) que poida xestionar a seguinte etapa, de violentos axustes estructurais, sen o desgaste do actual goberno da socialdemocracia que xa se fixo inservible para a defensa dos intereses da oligarquía.

Na estratexia deseñada tamén se deixa un espazo político ás forzas do reformismo ás que, nesta situación, se lles asigna un papel de grande importancia na súa tarefa de desmobilizar o ascenso da loita combatente da clase obreira, promovendo un programa de reforma do capitalismo para facelo menos criminal na súa brutal explotación da clase obreira. O bloque reformista, que se trata de configurar nestas datas, non ten outra finalidade que tentar construir un dique de contención frente ao potencial ascenso da loita revolucionaria en España.

Por iso a clase obreira deste país non pode facer de comparsa desas estratexias da oligarquía. A clase obreira ten que trazar a súa propia estratexia na dirección da súa emancipación e do desenlace socialista e comunista desta situación.
A crise capitalista, como crise estructural que é, terá un desenvolvimento longo que –mentres sexa xestionada por calquera das variantes de goberno da oligarquía, sen resposta de clase- cargará as súas consecuencias sobre as costas da clase obreira. Un novo paquete de medidas de privatizacións, rebaixas de salarios, contrarreformas laborais, novas guerras, etc. é o que aplicará calquer goberno dos que hoxe poden saír destas eleccións. O FMI, o BM e outras institucións do capital así o están anunciando xa. Iso nada ten que ver cos intereses da clase obreira e os sectores populares deste país.

Por iso o CE do PCPE chama ao pobo traballador a aproveitar estas eleccións para organizar as súas filas, debater o programa que a clase obreira necesita para a súa emancipación da dominación capitalista e abrir camiño á Frente Obreira e Popular que ha de ser o punto de partida da necesaria e apremiante revolución socialista.

O PCPE, como partido da clase obreira que é, fai un chamamento ao pobo traballador a non perder máis tempo, e a non distraerse con atallos que non levan a ningures. Nin a confianza en calquera dos gobernos da oligarquía, nin a confianza no bloque reformista, dará unha solución ás necesidades do pobo. A confianza nas propias forzas da clase obreira é o que abrirá o camiño hacia unha superación desta crise sobre a base dos intereses da maioría. TODO PARA A CLASE OBREIRA, esa é a proposta do PCPE frente ao expolio e a sobreexplotación. Frente á la ditadura do capital -que todo llo quita á clase obreira-, a nosa proposta é facer desa clase obreira o centro do novo proxecto histórico neste país. O capitalismo non ten nada que dar ao pobo traballador, só explotación, pobreza e guerra.

As candidaturas do PCPE a estas eleccións xerais serán a expresión da vontade insubornable do pobo de vencer e construir unha nova sociedade. Unha vontade que será imparable desde o momento en que tome a determinación de mudar radicalmente esta situación. As candidaturas comunistas serán as candidaturas do pobo traballador frente ao dominio da oligarquía, serán as candidaturas da loita pola revolución socialista. Só quen loita vence.