martes, 23 de agosto de 2011

CJC, JCE M-L E UJC-M ANTE A REPRESIÓN POLICIAL

É por todos coñecida a vinculación estreita entre o Estado e a Igrexa no Estado Español actualmente e aos longo de toda a historia. Os gastos xerados ao erario público pola convocatoria da Xornada Mundial da Xuventude en Madrid, e o forte empeño da delegación do goberno e da Unidade de Intervención Policial por acalar as protestas do pobo madrileño fronte á "ocupación dos peregrinos", deixa boa constancia diso.

Os mozos comunistas queremos denunciar os acontecementos que todos os que asistimos á manifestación sufrimos. Isto é a brutal represión das forzas de policiais do Estado e a súa defensa dos ultracatólicos provocadores que se encontraban na Porta de Sol, demostrando, novamente, a vinculación entre o Estado e a Igrexa Católica.

Nos feitos está a constatación. A Manifestación Laica discorreu con total normalidade, a pesar de cruzarse con asistentes á JMJ, ao longo da Praza de Jacinto Benavente e a Rúa Carretas. Foi só ao entrar na Porta de Sol -parte do percorrido legalizado ante Delegación do Goberno- cando a oposición, provocación, desafío e bloqueo do acceso á Praza por parte dos ultracatólicos asistentes áJMJ -mesmo se puido observar o despregamento dunha bandeira franquista, seguida de cánticos do mesmo caracter-, leva a que se produza a confrontación verbal, sen a que a Policía defenda o "dereito de manifestación" e adoptando unha posición belixerante contra os manifestantes. O que si defendeu a Policía foi o "dereito" dos ultracatólicos á provocación e a bloquear os manifestantes o seu máis que lexítimo acceso á Porta do Sol. Cousa que supuxo, ademais, un atraso de case dúas horas no desenvolvemento da marcha.

Non conforme con iso, a Policía comezou a cargar e reprimir co obxectivo de desaloxar a Praza, cando aínda estaban a chegar os últimos manifestantes, para permitir a volta dos "peregrinos" da JMJ. Como xa sucedeu nas manifestacións do movemento 15-M, os xornalistas puideron testemuñar, en primeira persoa, a represión brutal e as arbitrariedades que vimos sufrindo, dende hai décadas, todo movemento popular contrario ao sistema capitalista e as súas consecuencias contra os dereitos de todos os traballadores

Así mesmo, durante os días posteriores á manifestación, puidemos ser testemuñas e vítimas dunha represión cada vez mais brutal e arbitraria por parte da U.I.P, que realizaron un labor de fustrigamento xeneralizado co único obxectivo de impedir a mobilización pupular contra a pillaxe da Igrexa Católica dos fondos públicos coa escusa da J.M.J.

Todos os asistentes ás diferentes convocatorias puidemos constatar que as forzas de represión do Estado actúan para defender os intereses dos empresarios e da Igrexa Católica. Sendo esta histórica e actualmente unha institución que serve aos intereses do sistema capitalista alienando os traballadores para evitar que loiten polos seus dereitos e intereses, como xa denunciamos no anterior comunicado.

Novamente faise papel mollado o dereito de manifestación, ao igual que o dereito á vivenda digna, ao traballo digno, etc. A garantía do cumprimento dos dereitos só é real se somos os traballadores que temos o poder. Só se establecemos unha democracia de, por e para os traballadores.

Por todo o anteriormente exposto, esiximos:

Liberdade sen cargos para os detidos

A separación total entre o Estado e a Igrexa Católica, así como doutros ámbitos da xestión pública, como a sanidade ou a educación.

Non ao financiamento da Igrexa e os seus actos con diñeiro público

Dimisión da Delegada do Goberno e do Ministro do Interior