martes, 7 de junio de 2011

O PCPE ANTE O FALECEMENTO DE LUDO MARTENS

O PCPE rende homenaxe ao grande dirixente comunista belga Ludo Martens, falecido onte 5 de xuño.

Gustaríanos enviar as nosas condolencias á familia e aos camaradas do Partido do Traballo de Bélxica.

O camarada Ludo Martens dedicou a súa vida á loita contra o sistema explotador, contra o racismo na Africa colonizada polo imperialismo europeo, contra o oportunismo e o revisionismo no interior das filas do movemento comunista.

Na súa vida e na súa obra teórica desenmascarou con valentía a falsificación da Historia, a operación anticomunista dirixida, desde a burguesía e o oportunismo, a ocultar as grandes conquistas históricas do Socialismo no século XX, pondo ao descuberto os procesos internos e externos que sentaron as bases da contrarrevolución e a restauración temporal do capitalismo na Unión Soviética e nos países do campo socialista europeo.

Dixo Ludo Martens:

"Cando a burguesía proclama a caída final do comunismo, sérvese da triste bancarrota do revisionismo na Europa Oriental e na Unión Soviética para reafirmar o seu odio cara á inestimable obra construída no pasado por Marx e Engels, Lenin e Stalin. Actuando deste xeito, a burguesía pensa mais no futuro que no pasado. A burguesía pretende facernos crer que o marxismo-leninismo foi enterrado para o noso propio ben, porque coñece perfectamente a actualidade e a vitalidade da análise comunista na situación mundial actual. Os cadros da burguesía tamén fan avaliacións científicas do futuro do mundo. Tamén predín grandes crises, axitacións globais e loitas de clases. Fronte ao abismo do paro, a pobreza, a explotación e a violencia que se abre para as masas traballadoras no mundo enteiro, só o marxismo-leninismo pode mostrar o camiño cara á liberación nacional e social.
É misión dos comunistas de todo o mundo levar a cabo este desafío! "


A nosa mellor homenaxe ao camarada é facer nosa esta análise, realizar este propósito, organizar a unidade, baseada no Marxismo-Leninismo, de todos os destacamentos comunistas a escala mundial, para vertebrar a grande batalla que se aveciña da clase obreira internacional contra a barbarie capitalista.

¡Honra e Gloria ao camarada Ludo Martens!

¡Ata a vitoria camarada!