viernes, 18 de febrero de 2011

SOLIDARIEDADE COA COMPAÑEIRA LEYLA (DECLARACIÓN DO C.E DO PCPE)

O Comité Executivo do PCPE, tendo coñecemento da detención en Madrid da compañeira colombiana Leyla O., por parte da policía española, atendendo unha suposta orde de extradición do goberno colombiano, quere expresar o seguinte:

1-Denunciamos a detención dunha compañeira que se atopa en España co status de refuxiada política recoñecido pola ONU, que se atopa no noso país porque no seu é perseguida por un estado terrorista que silencia mediante torturas e asasinatos aos defensores dos dereitos humanos e a quen loitan por un sistema de liberdade e xustiza social, moi particularmente, aos e ás comunistas.

2-Denunciamos que a detención vén acompañada dunha campaña de intoxicación informativa, onde se presenta á compañeira como pertencente ás Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia

-organización arbitrariamente incluída na lista de organizacións terroristas da UE-, sen que ao parecer haxa lugar no seu caso para a presunción de inocencia. Os medios de comunicación de masas novamente seguen a disciplina que lles impón o Ministerio do Interior e todos os aparellos do estado no tocante á represión dos que loitan contra as inxustizas e actividades criminais dos “gobernos amigos”

3-Esiximos a inmediata liberación sen cargos da compañeira Leyla, así como a interrupción inmediata do proceso de extradición ao que puidese estar sometida. Somos moi conscientes, e temos moi presentes, os casos doutros compañeiros colombianos refuxiados no noso país quen, á súa volta a Colombia, foron asasinados por grupos paramilitares ao servizo do goberno terrorista de Álvaro Uribe,do que agora é continuador Juan Manuel Santos. O goberno español, coa súa actitude e as súas accións, é cómplice dese réxime.

4-Expresamos a nosa total solidariedade coa compañeira Leyla e a súa familia, así como co pobo colombiano que loita día a día contra o réxime criminal que ten secuestrado ao país e é cómplice do asasinato de centos de activistas políticos e sindicalistas cada ano.

5-Ao mesmo tempo, queremos denunciar a sistemática campaña que se está a despregar contra os comunistas e os movementos populares e de liberación en distintas partes do mundo. Temos moi claro que SER COMUNISTA NON É DELITO, e reiterámonos na esixencia de derrogación da “lista de grupos terroristas” da UE, que serve como escusa para a represión e a vulneración de calquera garantía xurídica de quen, como neste caso, en función dos intereses do imperialismo son incluídos en dita lista.

6- Chamamos ás forzas políticas da solidariedade antiimperialista a manifestar a repulsa por esta arbitraria detención en forma de manifestacións e concentracións ante os organismos institucionais que están facilitando os obxectivos espurios do goberno narco-terrorista colombiano.

.

¡SOLIDARIEDADE CON LEYLA !


¡VIVA A LOITA DO POBO COLOMBIANO!


¡VIVA O INTERNACIONALISMO PROLETARIO!

Madrid, 16 de febreiro de 2011

Comité Executivo do PCPE